Galicia volve ser a autonomía con máis carreiros azuis do Estado, con case 50

Sanxenxo é o municipio español que ten máis galardóns, con oito itinerarios recoñecidos.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 27/12/2023 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

Galicia revalidou o seu liderado como a comunidade autónoma con máis carreiros azuis e contará o próximo ano cun total de 49 itinerarios recoñecidos, 14 máis que en 2023. Así o sinalou este mércores a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita á ruta do monte Penizas, no concello pontevedrés de Marín que foi recoñecido con este distintivo.

O galardón bandeira carreiro azul, concedido pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), busca recoñecer o papel dos carreiros e camiños como recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de lecer ao aire libre e aprender a interpretar ambientalmente a contorna.

A maiores, Vázquez subliñou que os 49 carreiros azuis cos que contará Galicia o próximo ano pertencen a 26 concellos, dos que oito están na provincia da Coruña, catro na de Lugo e 13 na de Pontevedra.

Vázquez incidiu en que a provincia de Ourense alcanzou este ano o seu primeiro carreiro azul ao ser recoñecida con este distintivo a ruta da Aceveda, no Parque Natural do Invernadeiro, no concello de Vilariño de Conso.

Desta forma, tras remarcar que Sanxenxo con oito itinerarios recoñecidos é o municipio español con máis galardóns, Vázquez detallou que a nivel nacional, por detrás de Galicia sitúase a Comunidade Valenciana, con 22 itinerarios azuis e Andalucía con 16.

Camiño Real
Camiño Real | Fonte: ruta.rutadelcaminoreal.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta