Os vídeos de Nadal centran a precampaña con Rueda pedindo desculpas "por se alguén se sentiu insultado"

Rueda critica o "intento de crear crispación e tensión" a conta do seu vídeo de Nadal. Por iso, recomenda aos partidos da oposición que "rebaixen" a tensión.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/12/2023 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

Os vídeos de Nadal do PPdeG, BNG e PSdeG entraron de cheo na precampaña, ben polas súas visualizacións, pola súa creatividade ou polo seu contido político. O máis cuestionado, ata o momento, é o dos populares por ter unha chiscadela ao "me gusta la fruta" da presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso que tanto indignou ao PSOE por tentar camuflar con esa frase o "hijo de puta" que lle lanzou a Pedro Sánchez durante o debate o seu debate de investidura.

Rueda de condutor de autobús no vídeo de Nadal do PPdeG
Rueda de condutor de autobús no vídeo de Nadal do PPdeG

Por iso, Afonso Rueda non tivo inconveniente este xoves en pedir desculpas se o vídeo que protagoniza molestou a alguén. "Se alguén se sentiu insultado, lamentoo moito e mesmo pido desculpas, pero nin esa era a intención nin o sentimento xeral", xustificou o presidente da Xunta sobre as críticas recibidas, especialmente, por parte do PSdeG. 

Deste xeito, o líder dos populares galegos volveu insistir en que o que trataba de facer con esta peza audiovisual difundida en redes sociais era unha serie de "chiscadelas" e criticou o "intento de crear crispación e tensión" a conta deste vídeo. Por iso, recomendou aos partidos da oposición que "rebaixen" a tensión. En todo caso, Rueda destacou o "éxito abrumador e inesperado" que está tendo e destacou que se fixo "con moito cariño" e " está sendo moi ben acollido". "Respecto a quen non lle guste pero pido que non se esaxere con algo desanfadado", aclarou.

OS OUTROS VÍDEOS

Ademais, o presidente galego tamén confirmou que viu os outros vídeos natalicios de BNG e PSdeG. Igual que me gusta ver os meus,  non vou a xulgal os do resto porque non xulgo nin o meu". "Todos tentamos facelo ben e todo o meu respecto --para os vídeos da oposición--", dixo.

En todo caso, tamén dixo que a el, igual que ao líder do PSdeG, José Ramón Besteiro, o ten parado pola rúa xenteque non é do PP para pedirlle fotos. Aludía así ao vídeo con tomas falsas difundido polos socialistas nos que unha muller se achega a Besteiro para pedirlle unha foto aínda que lle di que ela é votante do PP. "Iso pásanos a todos e é algo bo e ten que haber tolerancia. É normal que --a xente-- se achegue a un e se alguén o quere contar nun vídeo, pois moi ben", respondeu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta