O que boto de menos

...Que a vida ía en serio un empézao a comprender mais tarde -como todos os mozos, eu vin levarme a vida por diante... Gil de Biezma

Por Fermín Paz | As Pontes | 02/01/2024

Comparte esta noticia
A vida é como un grande tobogán con moitos desequilibrios na seu trazado e onde todo chega moi axiña, case sen tempo para darlle unha volta e debullar no que vai acontecendo. A velocidade  no desprazamento obriga  a refuxiarse na intuición como primeira aliada na resolución dos conflitos e atopar as saídas mais acaídas tanto nas necesidades como nas emerxencias. Ė ( a intuición), unha compañeira de viaxe que, logo vai deixando espazo a experiencia cando xa levas certo tempo nesa vórtice e algunhas veces, na razón.
 
Namentres o que imos mirando, sentindo, sufrindo, aprendendo, descubrindo, etc... conforman unha especie de grande anecdotario no que apoiamos para  despexar algunha dás incógnitas ou hipóteses que imos pratexándonos ao longo da nosa andadura. Agora que teño tempo e calma dabondo podo concederme unha certa licencia ou privilexio para falar un pouco deste asunto.
 
Toda a xente ten agachado algo que non quere contar dás súas  interioridades e o meu entender, fai ben porque a intimidade é algo que administramos cada quen, dun xeito moi persoal porque é da nosa pertenza e temos dereito a xestionala a nosa maneira sen ter que render contas a ninguèn.
 
As veces, o ego fai concesións ao oportunismo e tratamos de quedar ben diante dos demais deturpando a realidade ou cunha exposición parcial da nosa personalidade. Sempre tiven curiosidade por saber e investigar a meu xeito sobre este aspecto das persoas e cheguei a unha conclusión, o hermetismo sentimental é algo necesario para sobrevivir  e os excesos  na  súa exposición , que como todos os excesos, rematan sendo unha peaxe grande para o equilibrio vital.
 
A partires dos faceres poderiamos achegar ao que fomos e non deberíamos precisar dà necesidade dunha exposición permanente dos sentires. O facer terìa que ser o noso creto, a nosa pegada antropolóxica no tempo de vivir, xa que o demais é sempre interpretable e reconstruído polas conveniencias de cada quen e calquera  pregunta que, non teña resposta  na análise obxectiva da personalidade dun ser humano,  xa foi tendo resposta nos diferentes feitos protagonizados por esa mesma persoa.
 
Agardo que a intelixencia artificial (IA) resolva algunha das preguntas que teñen  tanto magnetismo para humanidade desde sempre porque aínda hoxe, non teñen resposta. Imaxinade a magnitude do cataclismo  no caso, que as estructuras filosóficas e relixiosas das crenzas e ideoloxias tiveran que replantexarse todas as súas construccións. Por outra banda, dubido que dita IA, teña capacidade para resolver a encrucillada dos sentimentos porque non teñen unha secuencia algorítmica e por iso, son ingobernables e pouco interpretables aínda que, hoxe teñamos algunha resposta na psicanalise  para adentrarnos no comportamento human atraveso dos conflitos internos que aparecen durante a nenez e que afectan, logo , aos comportamentos e emocións da persoa.
 
No mellor dos casos non deixa der ser unha reflexión sen a necesidade de atopar complicidades; é algo semellante o carozo do meu ser a partires do cal sería posible unha aproximaciónón a cada unha das complexidades da miña especificidade  individual e seguramente tamén, na maioría dos seres humanos.
 
Se algo boto de menos hoxe por hoxe, é non  ter atopado no Colexio, cando era un neno, " o  mestre  que prometeu o mar", mais  como non tiven esa sorte, tirei cara adiante co que aprendín na casa e no camiño dá  vida. 
 

Intelixencia artificial para a tradución de idiomas
Intelixencia artificial para a tradución de idiomas | Fonte: Business Insider - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.