Talla de sete álamos de máis de 50 anos de idade en Cee

Ecoloxistas en Acción denunciou a talla de sete grandes álamos de máis de 50 anos no concello de Cee "sen un estudo previo que o xustificase".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/01/2024 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción denunciou a talla de sete grandes álamos de máis de 50 anos no concello de Cee "sen un estudo previo que o xustificase". Así o sinalan en alusión a unha talla que, segundo precisan, produciuse na leira que rodea ao edificio do antigo instituto Agra de Raíces.

"O Concello de Cee alega que a causa da talla foi por seguridade", sinalan os ecoloxistas que sosteñen que se fixo "sen o correspondente estudo que xustifique a actuación". Tamén argumentan que o consistorio "non estudou alternativas menos lesivas". Ademais, inciden en que se trata de grandes exemplares de máis de 50 anos "cun tronco superior a un metro de diámetro". "Non se pode tomar tan a treo a decisión dunha talla indiscriminada como a que se fixo", denuncia Eloy Pérez, portavoz de Ecoloxistas en Acción.

Por outra banda, a organización argumenta que o consistorio dixo que habería unha replantación, pero engade que "os beneficios ecosistémicos que achegan as árbores adultas de gran porte non son sustituibles por árbores novas". Por iso, instan ao goberno local a non repetir actuacións que tacha de "arbitrarias e nocivas".

Talla de árbores
Talla de árbores | Fonte: ECOLOXISTAS EN ACCIÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta