Deputación de Ourense e Academia Galega do Audiovisual cooperarán en premios e eventos singulares

No impulso de iniciativas como os María Luz Molares e Mestre Mateo.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 08/01/2024 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

A Deputación Provincial de Ourense e a Academia Galega do Audiovisual cooperarán no impulso de iniciativas como os Premios María Luz Molares e Mestre Mateo, e tamén colaborarán en eventos singulares.

O presidente provincial, Luís Menor, mantivo este luns un encontro coa directiva da Academia, para apontoar esta colaboración entre ambas as entidades. "Tamén falamos de continuar celebrando eventos singulares, como o encontro internacional de Academias de Galicia e Portugal, que dan un impulso á provincia desde un sector estratéxico para o país, como é o audio visual", apuntou.

Por outra banda, o presidente da institución provincial mantivo tamén un encontro con representantes do Colexio oficial de Arquitectos Técnicos para "explorar vías de colaboración" que favorezan o impulso destes profesionais no sector público e no privado. Tras a reunión, Luís Menor sinalou que a Deputación cooperará para pór os servizos do Colexio a disposición dos concellos máis pequenos, para axudarlles a cumprir coas súas obrigacións.

O presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, con responsables da Academia Galega do Audiovisual. DEPUTACIÓN DE OURENSE
O presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, con responsables da Academia Galega do Audiovisual. DEPUTACIÓN DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta