Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2024 | Actualizada ás 12:44
CIG-Ensino reclamou a convocatoria urxente da mesa sectorial para a negociación das prazas das especialidades nas oposicións docentes. Sobre a OPE anunciada, sostén que foi sen "previa negociación" e engade que "non dá resposta ás necesidades do ensino público galega porque non supón ningún incremento de postos de traballo".
"Non chega ao límite legal fixado na taxa de reposición, está descompensada entre o persoal interino existente nos distintos corpos e as prazas que se ofertan e nin sequera cumpre o obxectivo da propia Xunta de reducir ao cinco por cento a temporalidade".
O sindicato avanza que porá en valor, á hora de negociar as prazas, "o estudo de interinidades por especialidades que publicou o pasado 11 de decembro e que revela que a taxa total de temporalidade ascende ao 9,2 por cento, 8,8% se temos en conta as especialidades que se poden convocar a oposicións"
INFORMACIÓN AOS OPOSITORES
Ademais, sostén que a Consellería de Educación leva "un atraso insólito con respecto aos últimos anos á hora de convocar a mesa sectorial enla que se ten que negociar a oferta pública de emprego docente".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.