Fotógrafos ante unha reclamación histórica: un centro de fotografía galego

Explican que gran parte dos posuidores de arquivos aceptarían depositalos, cunhas cláusulas de cesión adecuadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2024 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

Máis dun centenar de persoas vinculadas coa fotografía, co comisariado e coa historiografía asinaron un escrito dirixido a todas as forzas políticas que se presentan ás eleccións do 18 de febreiro no que demandan a creación dunha institución que conserve, dixitalice, procese, organice, difunda e promova o estudo do patrimonio fotográfico de Galicia.

Un dos obxectivos, sinalan, é pór a disposición da actividade investigadora este patrimonio, tanto da historia da fotografía, como doutras múltiples disciplinas para as que pode ser de interese.

Así, explican que gran parte dos posuidores de arquivos aceptarían depositalos, cunhas cláusulas de cesión adecuadas, nun centro desas características, co que se evitaría a deterioración que, aseguran, en moitos casos están a sufrir. Ademais, consideran que o interese pola fotografía histórica ten que ir acompañado dunha política adecuada de cara a potenciar a creación fotográfica contemporánea.

Por iso, explican que lles gustaría que se tivese en conta esta reivindicación de creación dunha institución fotográfica que cumpriría os obxectivos de "reverter a situación actual, pondo en valor o patrimonio fotográfico e apostando pola fotografía como un medio de creación contemporánea".

Na fotografía (de 1928) aparece Mariano Blanco (como Marino) xunto a Acracio Bartolomé, que era director do xornal CNT en 1937, e Eleuterio Quintanilla, destacado líder anarquista
Na fotografía (de 1928) aparece Mariano Blanco (como Marino) xunto a Acracio Bartolomé, que era director do xornal CNT en 1937, e Eleuterio Quintanilla, destacado líder anarquista | Fonte: Comite de Recuperación da Memoria Histórica da Comarca de Celanova

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta