18F-A Xunta Electoral arquiva as denuncias de BNG e PSdeG por non ver reivindicación de logros na web do goberno galego

A Xunta Electoral de Galicia ve "unha manifesta ausencia de concreción" dos feitos denunciados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2024 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

A Xunta Electoral de Galicia arquivou tres denuncias, unha posta polo BNG e dous polo PSdeG-PSOE, porque consideraban que noticias publicadas na páxina web da Xunta e en medios de comunicación podían infrinxir a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (Loreg) porque supuñan reivindicacións de logros do Goberno galego.

En concreto, a denuncia do Bloque formalizouse contra o PP e a Xunta por unha noticia publicada sobre unha visita do presidente, Alfonso Rueda, ás instalacións de Resonac no polígono da Grela, na Coruña.

O BNG consideraba que unhas declaracións de Rueda podíanse considerar unha reivindicación de logros en período preelectoral. Con todo, a Xunta Electoral non observa que as palabras mandatario autonómico fixese alusión a ningún logro do seu goberno.

"A noticia recolle a citada visita a unha empresa privada, organizada aparentemente con fondos privados e que formaba parte da actividade institucional da Xutna de Galicia de promoción da actividade económica en Galicia e na que se subliñaba a importancia da planta de grafito que dita compañía vai pór en funcionamento na provincia da Coruña", resolve a Xunta Electoral.

Tamén se arquivou unha denuncia do PSdeG-PSOE contra o PP porque en diferentes medios de comunicación había noticias da presentación, na que participou Rueda, das obras dun hotel en Cabo Silleiro.

A Xunta Electoral de Galicia ve "unha manifesta ausencia de concreción" dos feitos denunciados. Ademais, non ve esas alusións a logros da Xunta porque as obras están promovidas polo sector privado.

"Trátase dunha visita do señor presidente da Xunta a unha obra en execución por unha empresa privada nun espazo físico competencia o Estado e da que non se desprende unha connotación electoralista", resolve a Xunta.

Por outra banda, o PSdeG presentara outra denuncia contra a Xunta, o PP e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e solicitaba que se retirase da web institucional varias referencias a noticias relacionadas coa gratuidade das viaxes en bus para persoas maiores.

Os socialistas consideraban que isto era unha "campaña de logros" pola difusión de publicacións en 'O Ideal Galego' e na páxina da Xunta dunha reunión da conselleira --que vai nas listas do PP ao Parlamento pola Coruña-- coa asociación de mulleres rurais Liafail.

Con todo, a Xunta Electoral de Galicia cre que non se achegan "elementos probatorios" sobre esa reivindicación de logros, senón que a noticia expón "dunha forma obxectiva" como os maiores de 65 poden viaxar en autobús. Tampouco ve que vulnere a Loreg a expresión "autobuses da Xunta".

Todos estes acordos aínda son recurribles ante a Xunta Electoral Central, antes das 10.00 horas deste xoves, 25 de xaneiro.

Unha persoa exerce o seu dereito a voto
Unha persoa exerce o seu dereito a voto | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta