Que farías se atopas 1.000 euros nun sobre?

Pois ollo, porque unha veciña de Vila de Cruces está investigada por apropiación indebida

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 26/01/2024 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga a unha veciña de Vila de Cruces, de 38 anos de idade, como presunta autora dun delito de apropiación indebida, ao quedar con 1.000 euros que se atopou nun sobre e que pertencían a outra persoa.

Os feitos remóntanse ao pasado 9 de xaneiro, cando unha octoxenaria de Lalín acudiu ao posto de Vila de Cruces a interpor unha denuncia tras perder un sobre con 1.000 euros. Segundo relatou, despois de estar facendo xestións e compras en Cruces decatouse de que perdera o sobre co diñeiro.

As pescudas da Garda Civil permitiron identificar á muller que se atopou o sobre e quedouse co diñeiro. Os axentes recuperaron os 1.000 euros e devolvéronllos á súa propietaria, e a investigada deberá comparecer cando sexa requirida polo xulgado de Lalín.

Posto da Garda Civil en Vila de Cruces (Pontevedra).. GARDA CIVIL
Posto da Garda Civil en Vila de Cruces (Pontevedra).. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta