Comeza a colocación dos puntos laranxas contra o acoso escolar nos 'Espazos Xove' de Galicia

Funcionan a modo de caixa de correo mediante a cal os mozos poden comunicar ou denunciar, de forma anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2024 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

Tras iniciar a súa colocación nos centros educativos, arrincou a dotación de puntos laranxas contra o acoso escolar nos 'Espazos Xove' de Galicia. A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitaron este mércores o 'Espazo Xove' da localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa, onde habilitaron un destes puntos que tamén chegarán ás residencias xuvenís e de estudantes.

Alí, coincidiron en fomentar a tolerancia cero ante calquera conduta contraria á convivencia e en reclamar a implicación do conxunto da sociedade na loita contra o acoso. Segundo informou o Executivo galego, teñen previsto colocar 1.242 puntos laranxas contra o acoso escolar en todos os colexios e institutos galegos sostidos con fondos públicos, nos 'Espazos Xove' e nas residencias xuvenís e de estudantes.

Isto puntos laranxas, que teñen unha imaxe común e uniforme para que sexan perfectamente identificados e accesibles, funcionan a modo de caixa de correo mediante a cal os mozos poden comunicar ou denunciar, de forma anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.

Recreación dun neno que sofre acoso escolar nunha escola
Recreación dun neno que sofre acoso escolar nunha escola | Fonte: CEDIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta