O rexedor de Ferrol pídelle ao BNG que reconduza as posicións soberanistas

"Ese debate soberanista está agora superado polo momento histórico que vivimos e hai que priorizar os dereitos sociais", apunta Jorge Suárez para que animar aos nacionalistas a integrarse nunha gran lista popular.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 16/08/2015 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

O rexedor de Ferrol, Jorge Suárez, é outra das voces institucionais que se suma a unha gran lista popular para as xerais do outono. E, de freito, cre que hai que aprender da experiencia de AGE, "un acordo de último minuto que foi exitoso electoralmente pero ao que lle faltou estabilidade e continuidade", dixo.

Jorge Súarez Fernández
Jorge Súarez Fernández | Fonte: Ferrol en Común

Por iso, e para evitar que se volvan repetir fracasos electoriais, pídelle ao resto de formacións, especialmente a BNG e Podemos, altura de miras para formar parte desa gran candidatura que poida ser o xerme dunha Marea galega.

Para iso considera de vital importancia chegar a acordos desde a base tal e como quedou establecido na xuntanza que o pasado xoves mantiveron representantes de ata 40 listas populares que se presentaron as pasadas eleccións locais.

Neste sentido, confía en que os nacionalistas se apunten ao proxecto aínda que recoñece que é máis complexo porque seguen pedindo "que rompan os lazos coas organizacións estatais".

Por iso, pediulle aos nacionalistas que reconduzan as súas posicións soberanistas. "Ese debate soberanista está agora superado polo momento histórico que vivimos e ai que priorizar os dereitos sociais", dixo. "Confío en que o BNG reconduza os seus posicionamentos sobre todo de cara ás eleccións autonómicas nas que o acordo vai ser fundamental", engadiu.

Jorge Súarez Fernández
Jorge Súarez Fernández | Fonte: Ferrol en Común

Nunha entrevista na Cadena Ser, Súarez dixo que para a consolidación desa gran marea vai ser moi importante o balance de xestión que presenten alcaldes como el ou os da Coruña e Santiago. "vai ser esencial para que se vexa que hai un proxecto de futuro", dixo.

Tamén se referiu ás subvencións para a organización da Semana Santa de Ferrol e dixo que aínda non hai nada decidido e que o que se pretende é revisar ese modelo de axudas para facelo "máis transparente e abrilo a toda a sociedade". "Para que non só a igrexa, que ten potencial económico suficiente, se beneficie destas axudas senón tamén outros sectores como a hostalaría e o comercio", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

22 Alberte

E que renunciem à língua e à bandeira também, e que mudem o Banquete de Conxo pela assembleia de Vista Alegre. Conhece este homem a fábula do escorpião e a rã?

21 Alberte

E que renunciem à língua e à bandeira também, e que mudem o Banquete de Conxo pela assembleia de Vista Alegre. Conhece este homem a fábula do escorpião e a rã?

20 Lot

O cabalo de Troia de Podemos.

1 Esmurfe

O do BNG é unha burra de poliuretano. Ah, e non me gustan as palabras do alcalde de Ferrol. Pero el quere ir comigo e eu son independentista.

19 Tarxetas black de Iu

Que fale de dereitos sociais este de Comisións "Obreiras" manda moito carafio.

18 Outro ladrillo no muro.

Populismos ovos de serpe de vindeiros fas-cismos. A falla de soberanismo levou a Ferrol ao sacrificio do sector naval cando as negociacións de entrada na UE. A falla de soberanismo fai que Ferrol sexa o municipio que mais poboación perde, porque ademáis do de Astano, Bazán e auxiliares, estando a beira, dalle costas ao Mar. Un muro de vergoña separa a Ferrol do mar. Un muro custodiado por un exercito de ocupación, que xoga a especular cuns terreos menos que infrautilizados, terreos que lles sairon de balde. A falla de soberanía fai que extorsionen ao pobo de Ferrol, para derrubar o muro ou recalifican o chan a carón ou poñenlle un prezo imposible para o concello. E o friki postmoderno este só ten pensamentos para atacar o soberanismo. Dende que os Reis Católicos nos colonizáran e asobaiaran, hai moito que é o "momento histórico".