Novos anuncios de Rueda; axudas ás deputacións do PP e a Ferrol, a única gran cidade onde goberna

Tamén avanza subvencións para artesáns, emigrantes ou para os concellos que queiran "embelecer" o litoral.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/02/2024 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta fixo este xoves novos anuncios relacionados con axudas, subvencións e acordos. Anuncios que tanto o PSdeG coma o BNG teñen denunciado públicamente pola súa proximidade coas datas electoral e acusado ao PPdeG de utilizar a Xunta e o DOG como unha "arma electoral". Pero, para Alfonso Rueda é a actividade normal do seu executivo tal e como volveu facer un xoves máis logo da tradicional xuntanza do seu executivo.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparece tras o Consello
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparece tras o Consello | Fonte: XUNTA - Arquivo

E é que unha semana máis a Xunta anunciou novos paquetes de axudas, subvencións e convenios pero, desta volta, chama a atención que aos de maior peso económico sexan con institucións gobernadas polo Partido Popular, en concreto, as deputacións de Ourense e Pontevedra e o concello de Ferrol. Con este último, o Goberno galego fechou un acordo de 18 millóns de euros ata 2027 para mellorar as instalacións deportivas da cidade.

Deste xeito, o acordo asinado prevé que o Goberno galego invista 9 millóns e o concello ferrolán outros 9 para actuar en 18 zonas urbanas e rurais. Pero, as maiores inversións serán para a zona da enseada da Malata, con investimentos en sete instalacións. A máis importante, 5 millóns, para o estadio do Racing de Ferrol. Pero tamén haberá actuacións no recinto de Fimo, pista de skate, pavillón da Malata e pistas de tenis e atletismo, na cidade naútica e a construcións de novos pavillóns e piscinas.

Coas deputacións de Ourense e Pontevedra, ambas as dúas gobernadas polo PPdeG, a Xunta asinou convenios por valor de 3,8 millóns para traballos de roza nos montes e a posta en marcha de 16 brigadas que traballará baixo as ordes das mancomunidades da provincia de Ourense.

"FÓRMULAS DE COFINANCIACIÓN"

E por qué so acordos con institucións do PP?. Rueda respondeu que os acordos cos concellos abranguen a muncipios concretos e beneficia a institucións de diferentes cores políticas. "Eu sempre dixen nas xuntanzas cos diferentes alcaldes que hai diferentes fórmulas de cofinanciación", afirmou para xustificar este convenio con Ferrol.

Curiosamente, a Xunta non participou durante as obras de mellora de Balaídos, un dos grandes estadios deportivos que existen en Galicia e no que xoga o único equipo que o país ten en Primeira División. Preguntado ao respecto por GC, Rueda dixo que as obras en Ferrol están financiadas ao 50% e que nas de Balaídos non participou a Xunta, porque se fixeron coa participación da Deputación de Pontevedra. Sobre o acordo coas deputacións do PP, "só aceptaron dúas, as outras non quixeron", aclarou. 

OUTROS ACORDOS

Ademais, destas axudas, Rueda anunciou subvencións para os concellos que queira "embelecer o litoral". Son 2,7 millóns para a rehabitación de centros culturais, creación de rutas e zonas verdes, mellorar accesibilidade e dixitalización do sector. Tamén anunciou 1,5 millóns para crear novas masas de árbores frondosas en zonas nas que non están das que se poden beneficiar tanto concellos como cidadáns particulares.

Por outra banda, destacou que o Consello da Xunta aprobou 1,5 millóns para emigrantes que queiran emprender en Galicia, axudas para os centros especiais de emprego e 4,4 millóns para a dixitalización dos artesáns. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta