Comeza a produción de 'Dique', unha homenaxe ás mulleres que tamén construiron o Dique da Campá de Ferrol

É unha coprodución entre Nova Galega de Danza e a Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2024 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

O proceso de creación de 'Dique', un espectáculo de danza que a compañía Nova Galega de Danza desenvolveu en coprodución coa Xunta, comezou na sede do Centro Coreográfico Galego, na Coruña, de cara á súa estrea que terá lugar a finais do mes de xuño.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, acode á segunda xornada de audicións organizada por Nova Galicia Danza para escoller ás bailarinas que participarán no espectáculo . XUNTA
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, acode á segunda xornada de audicións organizada por Nova Galicia Danza para escoller ás bailarinas que participarán no espectáculo . XUNTA | Fonte: Europa Press

A idea creativa de partida é reflexionar sobre o papel das máis de 200 mulleres que participaron na construción do Dique da Campá de Ferrol, aproveitando o 150 aniversario do inicio da obra de enxeñaría.

A peza será dirixida escénica e escenográficamente pola directora de teatro e artista plástica Marta Pazos e a encargada da dirección coreográfica será Belén Martí. Ademais, contará cun elenco integramente feminino, que executará un diálogo entre danza tradicional e contemporánea.

PLAN DE DANZA

'Dique' chegará aos escenarios en virtude dun contrato de coprodución que segue os obxectivos marcados no Plan integral para a danza de Galicia e contará cunha escenografía versátil e autoportante, que permitirá a súa exhibición en espazos non convencionais.

O espectáculo está dirixido a todos os públicos e, á vez que o espectáculo, distribuirase unha unidade didáctica e desenvolveranse diversas actividades de mediación para o fomento e consolidación de públicos para a danza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta