Adxudicadas as obras para a mellora da drenaxe da AC-960 no concello de Boqueixón

A intervención comenzará nas vindeiras semanas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2024 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

A Xunta adxudicou as obras de mellora da drenaxe da estrada autonómica AC-960 en Camporrapado, no concello coruñés de Boqueixón.

Segundo informou o Goberno galego a través dun comunicado, esta intervención, adxudicada á empresa Irmáns Couto Fandiño SL por 48.358 euros, comezará nas próximas semanas, dado que actualmente, en episodios de fortes choivas, producíronse problemas de drenaxe da auga da estrada neste treito, ocasionando acumulacións de auga que afectan á circulación rodada e peonil e poden chegar a casas e comercios.

Mediante este contrato, substituiranse as actuais canalizacións pluviais por unhas de maior capacidade, tanto na vía autonómica como na estrada municipal que entronca nese treito, así como tamén se renovarán os sistemas de recollida de augas pluviais.

Os traballos consistirán na instalación das novas canalizacións cuns tubos de 125 metros de lonxitude de PVC diámetro 315 milímetros na AC-960, e de 140 metros e diámetro 400 milímetros na vía municipal, onde se conectará a unha rede existente para o seu desaugadoiro, así como os seus correspondentes pozos.

Para a recollida de augas superficiais prevese a colocación de tapa con reixa nos pozos, a execución de seis sumidoiros na vía municipal e a instalación de seis metros de caz con reixa. A intervención terminarase coa reposición ao seu estado previo dos pavimentos da estrada.

Plano da mellora do drenaja.. XUNTA
Plano da mellora do drenaja.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta