Ecoloxistas en Acción lanza a campaña "Salvamontes" contra o proxecto de cidade deportiva do Celta

"Salvamontes" aposta por frear o proxecto GS360, proxecto industrial, deportivo e comercial do RC Celta de Vigo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 11/02/2024 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O movemento “Salvamontes” nace como unha plataforma cidadá composta por persoas e asociacións comprometidas coa defensa e posta en valor do noso entorno natural, en particular dos montes, a través de información e actividades.

Ecoloxistas denuncian ao Consello da Xunta ante o TSXG ao declarar interese autonómico a cidade deportiva do Celta.. ECOLOXISTAS EN ACCIÓN
Ecoloxistas denuncian ao Consello da Xunta ante o TSXG ao declarar interese autonómico a cidade deportiva do Celta.. ECOLOXISTAS EN ACCIÓN

A iniciativa, lanzada por Ecoloxistas en Acción, busca concienciar á cidadanía sobre o valor da superficie forestal e a necesidade de preservala, cunha punta de lanza: deter o proxecto GS360. O movemento “Salvamontes” quere sensibilizar sobre o valor do terreo no que se pretende construír, sumar apoios e recoller sinaturas para que non se leve adiante este lesivo proxecto.

O “Salvamontes” arranca cunha nova web (salvamontes.com) e unha animación para expor, de forma sinxela e didáctica, os problemas derivados do proxecto industrial, deportivo e comercial que promove o RC Celta nos montes de Tameiga. O seu punto de partida é contundente: “Construirías un estadio de fútbol nas illas Cíes?”.

Con este poderoso chamado de atención, preténdese poñer en valor a superficie afectada por esta iniciativa privada, un terreo rústico de especial protección, un ecosistema de grande interese patrimonial, que ademais proporciona auga e biomasa a miles de veciños e veciñas de Mos. Un monte comunal que actúa como un auténtico pulmón verde para a área de Vigo e espazo de esparexemento moi valorado e utilizado pola cidadanía.

Alertan que o proxecto GS360 suporía a perda dunha ampla masa forestal de uso público, afecta directamente a 300.000 M2 de monte comunal, en beneficio exclusivo dunha entidade privada, que construiría “infraestruturas duplicadas e innecesarias”: outro estadio, máis espazos comerciais, un hotel, novos edificios e estradas…

Para Ecoloxistas en Acción existe un risco real dunha enorme perda social, ambiental e incluso económica, a que conlevaría devastar estes montes, que agochan uns acuíferos que abastecen de auga a máis de 5.000 persoas en Mos. Estes acuíferos desaparecerían de construírse o GS360.

Así, o “Salvamontes”, unha plataforma aberta a persoas e asociacións, fai un chamamento a mobilizarse contra un GS360 que a Xunta de Galicia está a apoiar, tramitando a súa declaración como proxecto de interese autonómico, o que na práctica abriría a porta á expropiación do terreo, coma se se tratase dunha actuación pública coama unha autoestrada ou hospital.

Ligazón video YouTube:https://youtu.be/HdtS771cXnM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta