Na súa resolución, o xulgado cuestiona o modo en que se votaron devanditos acordos, xa que o propio presidente da Comunidade de Montes recoñeceu que "só pediron votos en contra e abstencións", considerando que o resto de persoas votaban a favor dos acordos.
Os habitantes das parroquias,que encarnan a vida espiritual do pobo galego, segundo definición dun egrexio xurisconsulto experto no noso dereito civil, teñen a misión de conservaren os bens posuídos en “comunidade xermánica”. Un deses bens son os montes veciñais en man común, que son eixos vertebradores da vida económica, e tamén dinamizadores sociais das parroquias, células básicas desta orixinal organización territorial.
  comenta   0
No documento contémplanse dúas solucións, unha por cada unha das posibilidades esperadas na resolución definitiva do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do expediente de expropiación.
  comenta   0
A FAG considera necesario "reforzar a imprescriptibilidade" destes montes veciñais e establecer "con claridade que a posesión inmemorial dos veciños sobre un monte común non se perde por ocupacións ou usurpacións ilegais".
  comenta   0
Investigadores da USC certifican que as hectáreas queimadas aumentaron nas Zonas Especiais de Conservación (ZEC) tras a súa declaración e suxiren que detrás deses lumes poden estar propietarios contrarios á Rede Natura. O científico Adrián Regos pide mudar as políticas antiincendios.
  comenta   2
Mancomuneiros esixen que a nova lei recoñeza os montes veciñais como unha "titularidade distinta e en pé de igualdade con públicas e privadas".
  comenta   0
"Se o terreo forestal representa unha importante fonte de ingresos para o seu titular, a incidencia de incendios forestais reducirase moito", defenden investigadores galegos en dous estudos nos que evidencian a importancia das comunidades de montes para reducir os lumes.
  comenta   0
Economistas cren consolidado o modelo, pero alertan da “baixa profesionalidade” e da “falta de compromiso” dos comuneiros como parte dun conxunto de problemas que “poden limitar o seu potencial como verdadeiro motor de desenvolvemento e cohesión territorial”.
  comenta   0
O xulgado de primeira instancia e de instrución número uno de Vilalba decretou o sobresemento provisional contra a Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Lousada en Xermade, que preside o alcalde desta localidade, o socialista Roberto García. O fallo tamén supón o arquivo do proceso contra o rexedor.
Científicos avisan de que, “a longo prazo, o abandono dos usos tradicionais conduce a unha simplificación e homoxeneización do mosaico da paisaxe rural, asociado a unha diminución da biodiversidade e un aumento do risco de incendios”. Galicia conta con máis de 3.312 comunidades de montes veciñais en man común que abarcan a cuarta parte do territorio e case a metade da superficie arborada.
  comenta   0