Absolto un home acusado de agresión sexual no domicilio familiar en Santiago

O fallo alega que a declaración da vítima "non pode estimarse corroborada de forma satisfactoria polo informe médico forense".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2024 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña absolveu a un home dunha presunta agresión sexual a unha coñecida no domicilio familiar, en Santiago de Compostela.

O fallo, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), fai referencia a uns feitos que Fiscalía situou na madrugada do 23 de agosto de 2018 no domicilio familiar do procesado e os seus pais, sito en Santiago de Compostela, onde se atopaba tamén desde facía meses a denunciante.

O Ministerio Fiscal cualificou os feitos, polos que formulou acusación, como un delito de agresión sexual. Fíxoo como consecuencia do relato de feitos do seu escrito conforme ao cal "o acusado agarrou do pelo" á muller "empuxándoa contra unha mesa facendo que se golpease o costado" e logrando manter relacións, a pesar da oposición, relata, da vítima.

O fallo incide en que "non se practicaron probas periciais co obxecto de examinar a posible existencia dunha pegada psíquica ou de valorar a credibilidade do testemuño pois, aínda que acordadas" a vítima "non compareceu e non existen testemuñas directas".

Entre outras cuestións, o fallo alega que a declaración da vítima "non pode estimarse corroborada de forma satisfactoria polo informe médico forense".

Audiencia Provincial da Coruña
Audiencia Provincial da Coruña | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta