Precísanse doazóns de sangue dos grupos 0+ e 0-

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Sergas fixo un chamamento á poboación a que acuda a doar sangue, especialmente dos grupos 0 positivo e 0 negativo, por ser os que teñen os niveis máis baixos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2024 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Sergas fixo un chamamento á poboación a que acuda a doar sangue, especialmente dos grupos 0 positivo e 0 negativo, por ser os que teñen os niveis máis baixos. Ademais, en nivel normal atópanse os grupos A positivo, A negativo, B positivo, B negativo e AB negativo. O grupo AB positivo é o único que ten un nivel bo.

ADOS advertiu que nos hospitais hai moitas persoas que precisan dunha transfusión por motivos variados. Así, para poder atendelos, estima que se precisan case 500 doazóns diarias. Neste contexto, fai un chamamento á poboación para que se achegue ás unidades móbiles que diariamente percorren as catro provincias galegas, así como a algún dos sete puntos permanentes situados nas cidades.

Unha persoa doa sangue durante a presentación da campaña de verán de doazón de sangue
Unha persoa doa sangue durante a presentación da campaña de verán de doazón de sangue | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta