Falece unha persoa e outras dúas son excarceradas tras saírse da vía en Lugo

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 09/02/2024 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu este venres e outras dúas tiveron que ser excarceradas tras verse involucradas nunha saída de vía en Lugo, no polígono do Ceao. Segundo informou o 112, o suceso ocorreu esta tarde na avenida de Benigno Ribeira, ao redor das 14.00 horas. Un turismo saíuse da vía e chocou contra un farol.

Sala de operacións 112 Galicia
Sala de operacións 112 Galicia | Fonte: XUNTA - Arquivo

Varios particulares informaron o incidente, sospeitando que os ocupantes do vehículo puidesen estar atrapados. Os Bombeiros de Lugo excarceraron a tres persoas, unha delas falecida. Tamén interviñeron Urxencias Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Lugo e os servizos de mantemento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta