Pontón abertamente a favor de achegar os presos de ETA a Euskadi: "O noso electorado o entende"

Indicou que "sempre" estiveron, están e estarán "en contra de ETA", e puntualizou que desde o BNG cren que "hai que aplicar a mesma lexislación a todo o mundo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 12/02/2024 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

A candidata nacionalista á Xunta de Galicia, Ana Pontón, sinalou este luns que o seu electorado entende a súa postura a favor do achegamento dos presos etarras ao País Vasco e defendeu que teñen que "cumprir" as súas condenas. "Estamos nunha etapa diferente, e do que se trata é de aplicar a legalidade con igualdade para todas as persoas", esgrimiu, nunha entrevista na Ser, recollida por Europa Press, a líder nacionalista, que sinalou que o que o BNG defendeu sempre é o pacifismo.

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón
A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón | Fonte: César Arxina

Pontón indicou que "sempre" estiveron, están e estarán "en contra de ETA", e puntualizou que cren que "hai que aplicar a mesma lexislación a todo o mundo", sexan ou non presos da banda. Neste sentido, defendeu que os presos de ETA "teñen evidentemente que cumprir as súas condenas".

"E téñeno que facer en igualdade co resto de presos e que se cumpra a legalidade", segundo sostivo ao ser preguntada nunha entrevista pola presenza da eurodeputada do BNG, Ana Miranda, nunha marcha o pasado 13 de xaneiro en Bilbao de apoio aos presos da banda terrorista, na que lembrou que ela non estivo. Convocada por Sare, na marcha reclamouse que as institucións políticas e xudiciais vascas deseñen e faciliten o regreso a Euskadi dos presos de ETA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta