Que tan difícil é ser 'Galicientífica'? As conclusións desta serie

A ansiada consolidación, a conciliación, o futuro da investigación, a divulgación... Foron nove as mulleres científicas que abordaron esta cuestión durante estes dous meses.

Por Amanda Fernández | Santiago de Compostela | 17/02/2024 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

En novembro lanzabamos esta serie de reportaxes baixo para presentarvos as 'Galicientíficas', en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC). Mulleres, investigadoras e científicas de centros singulares como o CITIUS, CIQUS, CIMUS, IGFAE e de Dereito, Arqueoloxía ou da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. Agora xa podes resolver á pregunta que lanzabamos no inicio desta aventura 'Poderías mencionar o nome dunha científica?' María Tomás, Julia Anmerman, Silvia Rodríguez, Iria Gómez Touriño, Alicia Reija, Anna Abbadessa, Beatriz Pelaz, Leticia López e Ana Barreiro ou 'As Galicientíficas'. 

galicientificas 3
galicientificas 3

AS PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS 

Agora lanzamos outra pregunta: Que tan difícil é ser 'Galicientífica'? Todas concidiron en que a "investigación non é un camiño de rosas" máis ben "unha montaña rusa de de resultados, acontecementos e emocións". Afirmaron que existe igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, pero tamén que hai disparidade á medida que avanza a carreira investigadora. O denominado "efecto tesoira" conleva que nos postos máis estables haxa máis homes ca mulleres. A consolidación tamén recoñeceron é un dos puntos que máis controversia xera, xa que esa ansiada estabilidade dilátase moito no tempo e os soldos deberían ser mellores. Nesta liña, fixeron fincapé na conciliación á hora de ser nai e "ter que escoller " por non poder ser nai e científica ao mesmo nivel, porque "se acada a estabilidade logo de ser nai e non antes". Dito isto, cinco delas son nais e conseguiron seguir coa súa carreira científica acadando obxectivos e recoñecementos. 

Todas coincidiron na importancia de divulgar á ciencia, fuxindo de tecnicismos, falando unha linguaxe accesible, que se adapte á todos os públicos e amosen utilidade porque como científicas tratan de "solucionar problemas que incumben a todo o mundo". As redes sociais serían unha boa ferramenta para obter novas referentes, así como xerar capacidade crítica nos máis novos, que serán as investigadoras e investigadoras do futuro. O Galicia Confidencial quixo contribuír á divulgación realizando cada semana un vídeo para coñecer máis de preto ás 'Galicientíficas' e poñerlles cara, ver como é o seu día a día, lugar de traballo, grupo de investigación... Acumularon ata a actualidade máis de 46.000 visualizacións en Instagram e Tik Tok. 

En canto á cuestión do financiamento por parte das administracións públicas, todas reivindicaron a necesidade de mellorar neste sentido, con máis axudas, coa posibilidade de acadar antes a ansiada estabilidade e con menos xestións burocráticas. Entre os consellos que deron destacamos a importancia da vocación no ámbito da investigación, a paciencia, a resiliencia e entender que "un mal resultado tamén é un resultado" e "que a ciencia non é inmediata". A maioría non tiña claro que quería dedicarse á investigación e a docencia, senón que recoñeceron, foi algo que xurdiu e lles ía xerando cada vez máis paixón. Sendo isto así e poñendo en valor a flexibilidade e liberdade que permite a investigación, todas destacaron que os soldos das empresas privadas resultan bastante atractivos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta