A sentenza emitida a comezos de marzo e que trasladou este xoves USO, o Xulgado do Social número 1 da Coruña condena ademais á compañía Atento a unha indemnización de 3.000 euros.
A Asociación Xornalistas Galegas pide aos poderes públicos compatibilidade entre roldas de prensa e conciliación e Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia apunta que as xornalistas "deben utilizar as súas posicións para denunciar a desigualdade".
  comenta   0
Aposta pola igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial en catro as accións subvencionables para pemes e autónomos
  comenta   0
Tamén defenden o dereito de conciliación da vida laboral e familiar para rexeitar e a actualización salarial nos convenios colectivos do sector.
Analizamos a realidade demográfica galega da man da socióloga Antía Pérez Caramés, que apela a afastarse do discurso máis catastrofista para colocar o foco na dimensión social e económica que hai detrás dos datos de natalidade.
  comenta   0
É unha iniciativa recollida no Plan Correpsonsables 2022, pola cal se desenvolverán actividades dirixidas a mocidade de ata 16 anos nunha ducia de espazos culturais da Xunta.
  comenta   0
A pandemia deixou ao descuberto cotizacións moi baixas entre o persoal de hostalaría. Alguén que levaba anos cobrando 1.000 euros só estaba cotizando por 500. Coa actividade normal pre-pandemia de volta, moito persoal preferiu irse a outras profesións onde se sentían cómodos. Á parte dos salarios, a dificultade de conciliar no sector é outro punto engadido á falta de persoal.
  comenta   0
A CIG convocou unha mobilización coincidindo co acto de conciliación previo ao xuízo no que a central sindical reclama a nulidade do despedimento da muller vítima de acoso laboral.
Baixo este concepto abordaranse a conciliación e medidas para a igualdade de oportunidades, como o teletraballo, as substitucións por maternidade e a prevención de riscos de xénero, explicou a conselleira do ramo.
  comenta   0
Dúas profesionais do colectivo 'Enfermeiras eventuais en loita' alertan de que a sanidade galega está "sumida" nunha importante falta de persoal que deriva da "non xestión" das xubilacións e da precariedade que sofren nos seus postos de traballo, duplicada no caso das mulleres embarazadas ou con cargas familiares.
  comenta   0
Os feitos remítense a agosto do ano pasado, cando a empregada solicitou formalmente unha modificación --de media hora de luns a venres e na súa quenda de tarde-- na concreción horaria de redución de xornada por garda legal que tiña desde novembro de 2020: a 35 horas/semana en quendas rotativas semanais alternas de mañá-tarde.
  comenta   0
Satse Galicia lembra que os profesionais sanitarios en idade de ser nais e pais "son practicamente o 50% do total, segundo a última estatística do INE (2020), estando todos eles sometidos a unhas condicións de traballo especialmente penosas".
  comenta   0
Os traballadores do Parque Nacional das Illas Atlánticas están chamando a atención sobre as condicións laborais en que desenvolven as súas tarefas. Desde instalacións deficientes nalgunhas das illas até a presenza dun só responsable durante o inverno coas dificultades engadidas. A isto únenlle a necesidade dunha maior e mellor formación de cara a prestar uns servizos para os que din non estar preparados.
  comenta   0
PETRA Maternidades Feministas pide que se corrixan para chegar, así, "a todas as persoas traballadoras con crianzas" de Galicia.
  comenta   4
Entre o conxunto de medidas que conforman o plan está a perspectiva de xénero, que promove a igualdade, impulsa a cultura de igualdade de oportunidades e integran a protección e a atención das situacións de especial vulnerabilidade.
  comenta   0
A contía a percibir polo beneficiario estará determinada pola porcentaxe da redución de xornada e a súa duración. Tamén influirán outras cuestións, como o número de fillos a cargo do solicitante.
  comenta   0
A portavoz nacional do BNG asegurou que a conciliación é unha "marca de goberno" nos concellos do BNG e reclamou ao Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo que se "garanta" este acceso a todo o alumnado.
  comenta   0
Desde este venres está aberta a convocatoria que busca ofertar un novo recurso de conciliación, indica a Xunta.
  comenta   0
O teletraballo afectou de diferentes maneiras a cada persoa. A volta aos postos presenciais pode necesitar dun período de adaptación logo dun tempo lonxe del. Hai diverxencias en canto ás implicacións deste novo modelo de traballo. Hai quen alerta da sobreexplotación laboral e quen apunta a unha nova relación máis favorable entre traballador, empregador e cliente.
  comenta   0
O DOG publica estes apoios e os dirixidos a complementar a indemnización de maiores de 55 que perderon o seu traballo pola covid
  comenta   0
Segundo a CIG, Educación non concede reducións de xornada por "falta de persoal", pero o sindicato responde: "é unha medida abertamente ilegal".
  comenta   0
Segundo datos da CIG, farían falta "300 anos para equiparar" o salario das mulleres ao dos homes, a unha media de redución da brecha de 150 euros.
  comenta   0
O Sindicato de Enfermaría celebra o pacto co Sergas para que este deixe de "penalizar" os enfermeiros que saian das listas por conciliación familiar.
  comenta   0
“Un dos pais ten que sacrificarse e chegar máis tarde ao traballo para deixar os nenos no autobús”, conta unha integrante da ANPA do CEIP Luís Díaz Moreno (Baralla). Reivindican un cambio da xornada lectiva para que o alumnado teña as mesmas posibilidades de ocio e formación ca nas cidades.