Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2025 | Actualizada ás 10:47
Máis de 6.000 persoas solicitaron, nas primeiras 24 horas de prazo, o Bono Concilia Familia da Xunta para financiar campamentos de verán, ludotecas ou coidadores a domicilio, segundo informou a Consellería de Política Social e Igualdade. Para esta convocatoria, que está aberta ata o 8 de outubro, a administración autonómica destina 2,5 millóns de euros, e o ano pasado este Bono chegou a 15.000 familias galegas. O Bono Concilia Familia é unha axuda económica directa para familias con fillos ata 13 anos, nas que ambos os proxenitores traballan, co fin de contribuír a sufragar os gastos dos servizos de conciliación.
Así, ofrécense axudas de ata 500 euros para a contratación dunha persoa coidadora a domicilio, ou de 200 euros por fillo/a para gastos de servizos como ludotecas ou campamentos. A axuda cobre un máximo do 75 % do servizo pago pola familia, pero como novidade este ano amplíase ao 100 % no caso de familias numerosas, familias monoparentais, familias acolledoras, familias con garda con fins adoptivos, familias vítimas de violencia de xénero e familias con varios fillos/as convivientes cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.