Explosión dunha bombona de gas deixa dous feridos en Marín

O propietario da vivenda sufriu queimaduras e un viandante resultou afectado a nivel auditivo. O inmoble quedará valado e será demolido polos graves danos estruturais.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/09/2025 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas este martes ao estalar unha bombona de gas no municipio pontevedrés de Marín. Ambas tiveron que ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia. Segundo informou o 112, recibiuse o primeiro aviso ao redor das 13.45 horas. Segundo o particular que o notificou, a exposición produciuse nunha vivenda da rúa Méndez Núñez.

Ao lugar desprazáronse equipos do 061, os Bombeiros de Pontevedra e O Morrazo, a Policía Nacional e a Local. O Concello de Marín tamén deu conta do ocorrido na rúa Méndez Núñez, na esquina con Concepción Arenal, fronte a Alimentación Isabel.

Un dos trasladados é o propietario da casa, unha vivenda antiga, evacuando en ambulancia por queimaduras no corpo, aínda que destaca que foi capaz de saír polo seu propio pé. Apuntan tamén que os danos materiais son cuantiosos, "visibles desde a rúa", dado que se levantaron as xanelas e obxectos do interior da vivenda acabaron no exterior.

Por iso, un técnico municipal realizará un informe sobre o estado no que queda o inmoble. Confirma o Concello que o inmoble quedará valado e apontoado e buscarase a unha empresa para a súa demolición. O outro ferido é un viandante afectado a nivel auditivo pola explosión.

061
061 | Fonte: Xunta de Galicia - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta