Estes son os servizos mínimos para a folga en residencias de maiores privadas que arrinca esta noite

Os paros están convocados entre o 9 e o 11 de setembro e entre o 23 e o 25 de setembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2025 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle os servizos mínimos estipulados para a folga convocada pola CIG nas residencias de maiores privadas, que arrinca este martes ás 22.00 horas. Concretamente, os paros están convocados entre o 9 e o 11 de setembro e entre o 23 e o 25 de setembro para aqueles traballadores de empresas e establecementos que exerzan a súa actividade como residencias da terceira idade (asistidas, non asistidas e mixtas), tanto para estancias permanentes como para temporais, así como centros de día, residencias de noite, vivendas tuteladas, fogares residenciais, calquera que sexa a súa denominación.

Así, as residencias da terceira idade, deberán contar co persoal mínimo de atención directa necesario para a súa apertura e prestación mínima de servizo que garanta unha atención adecuada ás persoas usuarias destes centros. En consecuencia, mantense o cociente mínimo disposta na Orde de 18 de abril de 1996, que establece un cociente mínimo de persoal de atención directa en réxime de xornada completa en 0,20 persoas traballadoras por usuarios en módulos destinados á atención de persoas con autonomía e 0,35 persoas traballadoras en módulos destinados a persoas dependentes.

Así mesmo, respecto do persoal non asistencial, establécese como servizos mínimos o número de efectivos presentes nun día festivo, por ser estes os días en que a prestación de servizos e a realización de actividades alcanzan os seus niveis mínimos, limitándose ao mantemento básico e esencial dos centros, o que non pode ser desatendido. Nas residencias de día, o persoal mínimo de atención directa necesario para cumprir co cociente mínimo disposta na referida Orde de 18 de abril de 1996, que establece un cociente mínimo de persoal de atención directa en réxime de xornada completa en 0,10 profesionais por persoa usuaria, cun mínimo de 2. Así mesmo, respecto do persoal non asistencial, establécese como servizo mínimo 1 efectivo a fin de garantir a apertura e peche do centro.

Coidadora atendendo a unha anciá
Coidadora atendendo a unha anciá | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta