Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 09/09/2025 | Actualizada ás 14:23
Dous homes resultaron feridos, un deles grave, en Vilagarcía de Arousa nunha pelexa con uso dun martelo e vinculada co tráfico de drogas. A Policía Local, informaron fontes municipais a Europa Press, recibiu o aviso ás 08.30 da mañá, aproximadamente, dunha persoa que alertaba dunha pelexa con "instrumentos de ferraxaría", apuntando a un martelo como posible peza empregada.
Dúas patrullas desprazáronse a Trabanca Badiña, en concreto na rúa da Pena. Alí atopáronse, con abundante sangue, a un home, de 42 anos, precisaron desde Urxencias Médicas 061 sobre a idade do home. O mesmo estaba tendido no chan e convulsionando. O home foi trasladado ao Hospital do Salnés por parte das emerxencias, que mobilizou ao lugar un soporte de vital básico e outra de vital avanzado.
O outro implicado, tamén un home de mediana idade, deuse á fuga. Nas inmediacións localizouse o martelo. Posteriormente, tamén se deu co fuxido, que presentaba lesións e foi trasladado ao Hospital do Salnés, onde permanece custodiado pola Policía Nacional. Ao lugar o 061 trasladou, tras recibir o aviso sobre as 09.05 horas, unha ambulancia de soporte vital básico para atender o home, de 51 anos. Desde a Policía Local, vinculan o sucedido cun asunto de tráfico de drogas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.