“A fórmula é pór diante o que nos une e respectar o que nos separa”

Nesta entrevista, o alcalde da Coruña reflexiona sobre o triunfo da Marea Atlántica, o inminente "Outono da Memoria", a polémica dos asesores e o papel dos medios. Xulio Ferreiro aborda tamén a construción dunha Marea Galega, as súas conversas con Pablo Iglesias de Podemos e o Banquete de Conxo.

Por Manuel Vilas | A Coruña | 27/08/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Ser alcalde, é moi diferente do que pensaba?

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, da Marea Atlántica
Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, da Marea Atlántica

Si, non pensaba moito en como era, pero hai partes que te sorprenden, ou que contabas con elas pero non como podían ser. Por exemplo, a exposición pública, que todo o mundo se dea conta de quen es, que te paren, te falen, ou simplemente miren para ti e digan aí vai o alcalde.

Perdeu moita privacidade supoño ...

Si, no que é esta cidade calquera cousa que fagas xa non é privada. O anonimato pérdese.

Unha das cousas que se lle culpou ao bipartito cando chegou ao foi non remexer nos caixóns na era Fraga. Remexou a Marea Atlántica nos caixóns de Carlos Negreira e que atopou?

Nós as cousas que imos atopando facémolas públicas. Non hai comenencia nin ocultación das desfeitas que atopamos. A primeira foi a situación económica do Concello, o nivel de gasto e de tesourería que había e o que se fixo co remanente de caixa do Concello, que foi basicamente dilapidalo. 

A liquidez do Concello segue a ser mala?

A liquidez foi mala, pero nestes intres estamos en vías de solución, ao darlle para adiante a determinados ingresos que estaban parados, co cal eu creo que o asunto está amañado. Con todo, facer público isto nos primeiros días de mandato causou unha resposta bastante furibunda da oposición do PP.

Si, no último pleno houbo un intercambio de pareceres con Negreira ...

O PP está tendo unha postura moi agresiva cun goberno que acaba de chegar. Esa agresividade ten que ver coa frustración propia de ter perdido as eleccións e con atoparse con xente que eles pensan que non ten dereito a estar aquí; eu creo que é unha falta de respecto importante ...

Pero no asunto do reparto de soldos e asesores o acordo foi relativamente rápido ... 

Non coincido, o acordo foi moi traballado, tivemos que ir a un segundo pleno.

En todo caso, se ben é certo que reduciron os salarios, en particular o do alcalde, tamén é certo que se criticou o número de asesores, dezasete se mal non recordo. Necesita 17 asesores un goberno local dunha cidade como A Coruña?

Dezaseis para o goberno...

Pero son necesarios tantos?

Son necesarios tendo en conta que nós eliminamos un posto directivo como eran os directores de área das concellerías, que creo que eran oito. Aí reducimos un custo moi importante porque os seus eran salarios elevados. En canto ao eventual, reducimos un no que lle tocaba ao Goberno ,con respecto ao Goberno anterior. Somos menos concelleiros no goberno e temos menos persoal de apoio. Aumentouse o persoal de apoio da oposición, pero reducíronse os salarios de todo o persoal de apoio, polo que o gasto total é sensiblemente menor. Ademais, con isto que chamamos asesores, que é persoal eventual, cúbrense áreas que non son necesariamente do goberno, como é comunicación e prensa; resulta que este concello non ten funcionarios que se encarguen da comunicación e da relación coa prensa, e iso hai que cubrilo co persoal eventual. Todo é discutible, pero unha cidade e un goberno como este necesitan que os concelleiros teñan persoal técnico que os apoie, e que sexa de confianza. Polo tanto, houbo unha redución importante tanto en número, porque os directores de área tamén teñen esa compoñente política, e os postos que quedaron son cun salario sensiblemente inferior; e dotamos de persoal a oposición, o gran aumento do persoal eventual non foi pola vía do goberno, foi pola vía dos outros.

A Marea de Pontevedra argumentou que non acudiu ao chamado Banquete de Conxo, un dos grupos montados para artellar unha candidatura da esquerda galega para as xerais, polo “protagonismo estelar do BNG”.  Da Marea Atlántica tampouco acudiu ningún dirixente, polo menos non o alcalde. Por que? Polos mesmos motivos explicados pola Marea de Pontevedra?

Non necesariamente. Eu non estou a participar en ningunha desas reunións. Nós decidimos cederlle o protagonismo a cidadanía ao entender que este era un proceso de acumulación de forzas a nivel galego, que non podía ser liderado polos partidos, senón pola cidadanía, e porque tampouco lle correspondía as mareas ter ese protagonismo; máis alá de aportar aquelo que poidamos a aqueles procesos que sexan horizontais, que respecten a diferencia e poñan o énfase no que nos une. A Marea Atlántica está a acudir as reunións nas que pensamos podemos aportar algo cando se está a construír nestas claves. En función diso, vaise as reunións ou non.

A Marea Atlántica tivo o apoio de Esquerda Unida, Podemos e outros partidos de ámbito estatal. O BNG mostrouse en contra de coligarse con forzas de ámbito estatal de cara as xerais. Entende esa liña vermella?

Non sei se é certa esa postura do Bloque, as veces dise que si e as veces dise que non. O que eu creo é que tentar construír espazos de unidade pondo liñas vermellas  non é a mellor fórmula para ninguén. Polo tanto, para construír hai que pór a énfase no que nos une. Na Marea Atlántica funcionou ben así. Non foi fácil, porque a nosa constitución non foi doada, pero todos os actores que participaron déronse conta que a fórmula correcta era pór por diante o que nos une e respectar o que nos separa. Se todos os actores van con esa intención, poderase construír espazos de unidade. Se pomos por diante liñas vermellas, condicións previas, vai ser máis difícil. 

Falando de liñas vermellas, leu as declaracións de Carolina Bencansa, da dirección de Podemos ...

Si.

E entende o argumento de Podemos de que non é posíbel un grupo parlamentario propio para a Marea Galega?

Digo o mesmo, non podemos vir con liñas vermellas. En todo caso, eu con Pablo Iglesias falara deste tema, e Pablo parecía proclive ao grupo parlamentario propio. Eu creo que debemos non mitificar determinados argumentos. Aquí o que interesa é que Galicia teña autonomía, capacidade para decidir dende aquí e polo tanto relevancia no Congreso. Temos que buscar a fórmula para logralo e un grupo parlamentario pode ser esa fórmula. 

Di que a construcción da Marea Atlántica foi difícil. Que pasos, en base a esa experiencia, se deben dar para construír unha Marea Galega?

Estase a experimentar. Nós na Coruña a escala era municipal polo que os procedementos poden ser outros, de compartir horas e espazos físicos de discusión. A nivel galego pode ser máis complicado. Os tempos tamén son outros, coa data de decembro aí  as urxencias xa son outros. Polo tanto hai que buscar fórmulas que respecten o espírito de participación, o espírito de encontro; pero ao mellor con elementos novos que a escala municipal non teñen sentido e si o teñen a escala nacional. 

Marea Atlántica e Compostela Aberta manteñen unha boa relación e en certa medida son proxectos xemelgos. Mediáticamente, o alcalde de Compostela, Martiño Noriega, denunciou publicamente o acoso, incluso a nivel persoal, por parte de El Correo Gallego. Sufre a Marea Atlántica unha recepción crítica tamén por parte dos grandes medios coruñeses?

Cada medio ten a súa liña editorial e apoia ou non determinadas decisión do goberno en función da súa opinión, o que é algo totalmente lexítimo. A nosa relación coa prensa está marcada pola non inxerencia. Non lle imos o que ten que dicir. Os medios públicos non serán nunca usados para  meter presión á prensa.

E a publicidade ... ?

Nós xa dixemos, cando foron as festas, fomos a criterios obxectivos que teñen que ver con criterios de audiencia e de obxectivos de comunicación, non coa compra-venda de factores. A relación do goberno coa prensa está a ser exemplar. O departamento de prensa recibe ducias de peticións e atende as que pode e eu prácticamente dou unha rolda de prensa todos os días, e iso non era normal na Coruña. Hai que comunicar sen sectarismo.

Daquela non notan un especial criticismo de certos medios? 

(Risos)  Iso déixoo a valoración de cadaquén que lea os xornais e saque as súas propias conclusións.

O alcalde de Vigo dixo que a súa carreira política estaba culminada ao ser edil de Vigo. Para o alcalde da Coruña, este posto é o máximo da súa carreira política?

Eu nunca pensei en ter carreira política. Eu comprometinme cun movemento cidadán para presentarme a unhas eleccións concretas, máis alá non teño ningún intención. Esta fase da miña vida é de ida e volta. Eu son profesor de universidade e como tal me vexo. Isto de ser alcalde é algo que farei durante época para despois volver á universidade. Creo niso, na rotación dos cargos, a política debe ser unha época concreta da vida e non unha carreira profesional. Non teño ningunha intención de ir máis alá. 

É un pouco cedo para preguntarlle se volverá a presentarse a alcalde?

Veremos o que pasa de aquí a fin da lexislatura. Se as cousas van ben e a xente está contenta si; pero non teño intención de facer carreira política.

Como é posíbel que unhas obras tan relevantes como as da Mariña se acometeran sen licencia?

Seguramente foi para apurar trámites e que estivesen listas nun determinado tempo. Por iso se collen atallos e non se fan ben as cousas. Isto é un caso levado á hipérbole.

Cre que é solventábel a situación? 

Si, sempre e cando se presente a documentación que se presentar dende a Autoridade Portuaria, se dea o visto bo dende os técnicos do Concello. Claro que é solventábel, especialmente se ordenamos a nivel máis amplo todas as relacións entre o porto e a cidade.

A nivel galego, á marxe do xa cumprido deixando de subvencionar as touradas, espérase da Marea Atlántica que retire os símbolos da ditadura fascista. Cando vai empezar a cumprir esa promesa?

Nós dixemos que este Outono ía ser a primavera da memoria. Polo tanto, estamos a acordar un calendario coas asociacións para empezar pouco. Non facelo como unha simple retirada de placas para poñer outro, senón para aproveitar para o simbolismo e reivindicar a memoria dun xeito alegre; para que o recordo da xente que trouxo esperanza a este país non estea sempre envolto na tristeza e no loito -que tamén o aí- senón que tamén para recuperar o seu legado de transformación e non render honores a quen non o merece.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

18 Rayleigh

O que ten que explicar, o trio calavera, é a obsesión que teñen en que temos que ir si ou si, con PODEMOS e PCE-IU. IU está completamente afundida. Nas Xenerales, van levar un repaso que nin aparecerán. Culpables? PODEMOS sobre todo que leva meses dedicado a afundir a este partido. E sen embargo aquí, teñen que ir xuntos. Por que? PODEMOS xa deixou ben clariño que nada de renunciar o seu nome, nada de grupo parlamentario, e de autonomía nanai (O Breogán xa deixou ben claro, que nin sequeira el pode facer nada sen pedir permiso). Sen embargo o BNG, xa deu mostras de facer todo isto. So pon a condición lóxica: NADA DE PARTIDOS CENTRALISTAS. Resposta de ANOVA e compañía? Ignoralos e a seguir con PODEMOS que os despreza de tódalas formas posibles. QUE OCULTAN ESTOS TRES? Por que iso da "unidade de esquerdas" (ten graza isto, por que en 3 anos, romperon todo o que puideron e mais"), non é máis que unha trampa cazap.rvos.

1 Loitador

Toda a razón. Seguen coa historia da unidade poupular, como se iso fose aparellado á solución, ao comezo da solución de todas as humillacións, marxinacións.etc que aturamos na nosa terra. O que é preciso é a forza da unidade galega. Xa haberá coincidencias en moitos temas con outras forzas do estado. Pero iso de unidade popular a costa da nosa identidade, antes morto. Por outra banda entendo que a política local, si debería prescindir dos partidos políticos e presentarse listas de persoas, que habería que modificar o sistema electoral para isto. Pero para defender GALICIA neste momento tan decisivo, unidade de forzas galegas, ou de galegos que queren exercer como tales sen partidos.

17 Un galego moi cabreado

Sí, claro que quero diexar un comentario. É o seguinte: os cataláns están nun proceso de intntar que os deisen ser eles memos, ainda que se equivoquen. Unha grande maioria séntese, cando menos, catalán antes que español. Nós aqui ainda non fixemos a primeira comuñón politica; ainda estamos a pensar se debemos ir xuntos nun ha candidatura ao Parlamento do Estado que nos ven puteando dende tem pos históricos, ou se tem os que esfarelar as nosas poucas forzas para que algúns luzan o palmito. De verdade; ás veces sinto mágoa de non ter nacido en Australia, por poñer un sitio lonzxano.

1 nostrus

Non tes porque extrapolar as tuas frustracions e os teus medos aos demais, si ti te sintes mal sendo español é problema teu e sufreo como podas porque os emais non temos porque compartir as tuas frustracions. Non mestures aos catalans cos sepa-ratas catalans, son cousas moi distintas. Certo que xente coma ti, mellor que fose de Australia, por poñer un sitio lonxano, inda que non vou ser eu quen te exclua.

2 Panchitosecirco

Non te cabrees estimado galego, disfruta mais ben ca parodia de sistema democrático que teñen estes feixistas, e tenta non estar preto cando toda esta bomba de m. estoure. Estamos a vivir tempos únicos, moi atento agora ao que faga o goberno, verás que espectáculo de democracia. E non fagas moito caso do resto...seguro que forma parte do espectáculo.

3 Galego descojonado

As estatísticas din o contrario do que contas. Os soberanistas/independentistas están en recesión porque cada vez hai máis cataláns que se decatan que toda a historieta do nacionalismo separatistas non é máis que unha desculpa para unha corrupción masiva en beneficio duns cantos. Hoxe Cataluña é a rexión máis corrupta de España segundo as estatísticas oficiais da Unión Europea. Aínda que claro, hai xente aquí que lle gustaría participar no reparto de fondos. Iso é todo.

16 Un galego moi cabreado

Sí, claro que quero diexar un comentario. É o seguinte: os cataláns están nun proceso de intntar que os deisen ser eles memos, ainda que se equivoquen. Unha grande maioria séntese, cando menos, catalán antes que español. Nós aqui ainda non fixemos a primeira comuñón politica; ainda estamos a pensar se debemos ir xuntos nun ha candidatura ao Parlamento do Estado que nos ven puteando dende tem pos históricos, ou se tem os que esfarelar as nosas poucas forzas para que algúns luzan o palmito. De verdade; ás veces sinto mágoa de non ter nacido en Australia, por poñer un sitio lonzxano.

15 Estrela

Moito falar dos liberados da Marea pero ¿cantos ten Compostela Aberta? ¿Por que Compostela Aberta non di canto cobran e quen son? Mal empezamos

1 comunista independentista

Non hai ningunha anomalía en que os gobernos de Compostela e A Coruña formen equipos de persoal contratado para traballar na xestión de ambas cidades. O que xa non é tan normal é o que facedes no BNG, liberar a centos de incapaces para que se tiren todo o día a enmerdar na rede e toda a noite a se emborracharen nos bares.

14 Mastro

Ben falado o que resposta o Sr. Ferreiro. Foi un éxito da cidadanía desaloxar ao PP das cidades galegas, un éxito da cidadanía.