Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2024 | Actualizada ás 18:50
A candidata de Podemos Galicia á presidencia da Xunta, Isabel Faraldo, cualificou de "nefasto" o proxecto de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).
Tras manter un encontro coa Plataforma de Afectadas pola Ampliación do Chuac xunto á eurodeputada Idoia Villanueva, a candidata de Podemos criticou esta ampliación, "con máis de 500 millóns" de orzamento, para crear "un hospital bunkerizado, un hospital bloqueado en si mesmo" e que "condena a unha serie de familias a unha situación absurda, a ter que deixar as súas casas".
Ademais, Faraldo tamén fixo referencia a que co modelo proxectado, "nun futuro o hospital non vai poder crecer máis". Así mesmo, apuntou que a obra "incumpre todos os requisitos de accesibilidade da Axenda 2030 e das directices europeas", polo que agradeceu á eurodeputada a súa presenza para que "isto chegue a Europa".
Pola súa banda, Villanueva reivindicou que durante anos levaron "a Europa as atrocidades que comete a Xunta". Neste sentido, citou o caso da Serra de Groba, ao que se referiu como "grandes pelotazos de parques eólicos" e afirmou que "se troceaban" á hora de presentar os proxectos para "evitar os informes de impacto ambiental".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.