"Copito de nieve", o operativo antidroga que remata con 8 detidos en Boiro

A Garda Civil incauta cocaína, haxix, marihuana e munición.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/02/2024 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada ao tráfico de drogas, e detivo a 8 persoas veciñas de Boiro, seis homes e dúas mulleres, nun operativo no que se incautaron de cocaína, haxix, marihuana, munición e diñeiro en efectivo, entre outros efectos.

Segundo informaron fontes da Comandancia da Coruña, a investigación, bautizada como Operación Copito de Nieve, iniciouse hai meses, ao terse coñecemento da existencia de varios puntos de venda de drogas ao 'menudeo'.

As pescudas permitiron identificar ás 8 persoas integrantes dese grupo delituoso, e comprobar que unha desas persoas, o xefe, articulara unha rede de puntos de distribución de droga, cuxos responsables xa estaban vinculados ao tráfico de drogas.

No curso da investigación realizáronse catro rexistros domiciliarios, nos que se interviñeron 835 gramos de cocaína, 102 gramos de haxix, algo máis de 3 quilos de marihuana, 2.055 euros en efectivo, 11 básculas de precisión, 3 'smartphones', e case 130 cartuchos de diversos calibres, así como útiles para a preparación e venda da droga.

Os implicados foron detidos como presuntos autores dun delito contra a saúde pública e outro de pertenza a grupo criminal. Tras a súa posta a disposición xudicial, decretouse o ingreso en prisión do 'xefe' da organización.

Droga e efectos intervidos nun operativo antidroga en Boiro, que se saldou con 8 detidos
Droga e efectos intervidos nun operativo antidroga en Boiro, que se saldou con 8 detidos | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta