Vigo protestará mentres o SERGAS cala e paga propaganda

Os sindicatos do sector sanitario convocaron hoxe unha manifestación en protesta pola desfeita do traslado do novo hospital de Vigo. A marcha, que agardan "masiva", partirá o xoves as 20 horas do Hospital Xeral. Mosquera e Feijóo evitan dar explicacións, pero contratan publicidade do Álvaro Cunqueiro nalgúns medios.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/09/2015 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

Os traballadores informaron hoxe que "probablemente" levarán a Xustiza as eivas do hospital Álvaro Cunqueiro. O presidente do cadro de persoal do CHUVI Ángel Cameselle (CC.OO.) confirmou hoxe a presencia de ratos nas habitacións.

Un rato no Hospital de Vigo, segundo a imaxe publicada por Vigo al Minuto
Un rato no Hospital de Vigo, segundo a imaxe publicada por Vigo al Minuto

Cameselle tamén sospeita que os positivos anunciados polo SERGAS nas análises -causa oficial do parón do traslado- poden ser por aspergilus. As centrais aseguran que a infección descoñecida afecta a áreas críticas como a UCI e mesmo os quirófanos.

O SERGAS non confirmou a causa da infección, só que agarda novos resultados o xoves. Cameselle bótalle en cara a Xunta que expusera a un perigo innecesario a doentes con problemas de inmunodeficiencia.

Roedores nas habitacións (como proban varias fotos subidas por doentes a redes sociais a semana pasada), falsosteitos que caen sobre pacientes, tuberías que rebentan, lavabos para minusválidos con soportes de plástico incapaces de aturar o peso dunha persoa e camas de psiquiatría sen un interruptor de luz ao lado son algunhas das eivas  denunciadas por ingresados e familiares dende a polémica estrea do hospital.

Tamén numerosos profesionais do SERGAS subiron á Rede testemuñas moi preocupantes. Velaquí o relato publicado no Facebook por unha enfermeira:

Equipo móbil de resonancia magnética do SERGAS aparcado ao carón do novo hospital de Vigo
Equipo móbil de resonancia magnética do SERGAS aparcado ao carón do novo hospital de Vigo | Fonte: MNC Twitter

Chicos sabréis que hoy he salido de mi primera guardia del Àlvaro Cunqueiro.

No se como expresar el desastre vivido ayer tanto por mis compañeras de los turnos de mañana y tarde como por mí.

De verdad que las informaciones de Facebook y en la prensa se quedan cortas.

Ayer trasladamos a los pacientes de mi planta sin la más mínima garantía de seguridad.

Pacientes de Cardiología.

La planta estaba vacía. La pica medicación que teníamos fué por que "el equipo de enfermería" tuvimos la prudencia del día anterior hacer un stock.

3 cuñas para todos los pacientes. Sin móvil ario para guardar los 4 sueros que también tuvimos la prudencia de bajar del Meixueiro. El desfibrilados me llegó a las once de la noche y para eso una parte importante no la recibimos, las palas a modo de marca pasos. No tenemos electrocardiógrafo. A las 24h después de montar un carro de parada con las cuatro cosas que llevamos, me fuí al otro ala de cardiología y conseguí uno. Las auxiliares no disponen de carros para montar la ropa de camas y hacer las habitaciones. No había medicación básica. Si un paciente me llega a haber hecho un dolor toràcico (infarto), no teníamos ni nitroglicerina ni bombas de perfusión para administrarla. SI uno de mis pacientes llega llega a "fibrilar" esa tarde, se hubiese muerto. Puesto que el desfibrilados llego casi a las once de la noche.

Tb a esa hora llegaron las cenas, frías escasas e inadecuadas.

La concesionaria del cáterin no sirve la los pacientes ni agua ni vasos.

Mis compañeras de turno y yo estuvimos móntando con lo que podíamos esta noche la planta. 2 enfermeras y una auxiliar. Menos mal que sólo trasladaron a los pacientes que no podían ser dados de alta (menudo recochineo, nos los dejan en estas condiciones ),por que la planta está habilitada para 46 pacientes. Viva la precariedad laboral.

Os podría seguir contando todos los despropósitos que hemos vivido mis compañeras y yo esta noche,no se si fuí a trabajar o me quedé dormida y tuve una gran pesadilla.

Sólo reconocer, animar y apollar el trabajo de mis compañeras de la tarde y de la mañana que al darnos el cambio de turno,ante la impotencia vivida todo el día, se les caían las lágrimas.

Gracias a todas.

Como siempre enfermería (enfermeras y auxiliares)somos nuevamente las que estamos junto a las personas, enfermos y familia.

Por que para nosotras Sí SOIS PERSONAS.

A Consellería de Sanidade mantense calada ante a onda de críticas. O Goberno Galego, iso si, contratou unha campaña de publicidade anunciando a posta en marcha do novo hospital. Por exemplo, velaquí o banner que leva varios días na portada de lavozdegalicia.es:

A conselleira Rocío Mosquera está desaparecida dende que o xoves a Xunta anuciara o parón da mudanza. Hoxe os sindicatos denunciaron que quen dá a cara non é o SERGAS, senón a empresa subcontratada para realizar o traslado. "Sorprende darse conta que aquí non mada o SERGAS, que nunca está para dar explicacións, senón a concesionaria", declarou o representante de CC.OO nunha rolda na que estivo acompañado por voceiros doutras centrais.

A concesionaria é unha empresa que, segundo denunciou AGE, comparte domicilio social co domicilio dunha ex-viceconsejera de Sanidad da Comunidad de Madrid. Esta persoa tamén foi ex-directiva do propio SERGAS. A súa empresa non só se ocupa do traslado, senón que tamén redactou o plan de usos do Álvaro Cunqueiro e está contratada para avaliar a calidade do servizo, función esta última que non se está a realizar segundo denunciaron os sindicatos.

O presidente da Xunta mantense á marxe do asunto. Alberto Nuñez Feijóo evitou as preguntas hoxe, día no que volveu de vacacións, durante un acto a prol dunha ruta de peregrinaxe no Xapón. 

O máximo mandatario galego evita normalmente os temas complicados, deixando o peso do desgaste político nos seus subordinados. O problema para Feijóo é que tamén Mosquera está desaparecida, sendo a subcontrata e a xerencia da Área Sanitaria de Vigo os únicos interlocutores públicos agora mesmo.

Ao pouco de chegar ao poder, o PPdeG cambiou o modelo de xestión do novo hospital. Pasou a financiarse mediante o procedemento de colaboración público-privada, unha nova fórmula da Lei de Contratos polo que as constructoras asumiron o financiamento da obra a cambio de quedarse coa explotación dos servizos non sanitarios. 

O resultado até hoxe son as queixas pola mala calidade do centro e os elevados prezos de, por exemplo, o aparcamento. Até 12 euros por día, cantidade que están tendo que abonar incluso os pacentes crónicos que acuden a diario, por exemplo os doentes de cancro que reciben quimioterapia.

Os problemas do traslado, sen data de reanudación até hoxe, pode pasarlle factura ao PPdeG no seu intento de recuperar o voto na comarca de Vigo. 

Un manifestante no chan durante a protesta na visita da conselleira de Sanidade ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Un manifestante no chan durante a protesta na visita da conselleira de Sanidade ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo | Fonte: Fran Fernández Twitter
Protesta dos traballadores durante a visita de Rocío Mosquera a novo hospital do Sergas en Vigo
Protesta dos traballadores durante a visita de Rocío Mosquera a novo hospital do Sergas en Vigo | Fonte: Emilio Domíngez Twitter
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Suso7

Los liberados sindicales del sector sanitario (¿cuantos son y cuanto nos cuestan?) intentando promocionarse.

2 Xoc

E o papel de Caballero que permitir a obra con permisos municipais? Anda moi calado... Lores en Pontevedra boicoteou un proxecto similar do PP (Montecarrasco). Moitos non o entendíamos. Visto o visto foi un gran acerto para non repetir o desastre de Vigo

1 espazos

A reforma da Constitución debía prohibir a sindicación dos empregados públicos, precisamente para que non se comporten como lobby. Resulta paradigmático o lobby sanitario, que defende os seus privilexios dicindo que loita pola sanidade mellor para todos os cidadáns ¿Canto mais cobra un estatutario do SERGAS e canto menos na privada? ¿Un 25%?

1 non reformes tanto

a reforma da Constitución a reforma da Constitución. A reforma é a independencia.

2 XanKaraLlás

Non é problema de empregados públicos, é problema do caos da xestión da Xunta, ao servizo de intereses e lucro privados e contra o interese xeral da maioría da xente. O que se relata sobre ese hospital de Vigo é simplemente de pesadelo. Esperpéntico e terceiromundista. E logo os pailáns dos galegos dándolle maioría absoluta ao peor partido posible, e repetindo sempre na mesma mer da.