Deixan en liberdade ao home detido en Taboada por malos tratos á súa parella

Aínda que terá prohibido achegarse e comunicarse coa vítima.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 19/02/2024 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

A xuíza decretou a posta en liberdade ao home detido o domingo en Taboada por supostamente maltratar á súa parella, aínda que terá prohibido achegarse e comunicarse coa vítima. Segundo informan fontes xudiciais, así o acordou a titular do Xulgado de Instrución número 1 de Chantada, que abriu contra o home unha causa por un delito de malos tratos habituais.

A Garda Civil apresara a este home que, segundo informaron fontes da Comandancia de Lugo, foi atacado por un menor nese suposto episodio de violencia machista, por defender á súa nai. O detido presentaba un corte nas costas polo que non precisou ser trasladado a un centro hospitalario.

Un axente da Garda Civil
Un axente da Garda Civil | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta