Por Europa Press / Redacción | LUGO | 26/02/2024 | Actualizada ás 16:32
A Xunta de Galicia saca á venda un total de 84 parcelas, propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que suman 227.000 metros cadrados, de 17 parques empresariais. A maior parte dos parques teñen unha bonificación do 50 % (aplicable a todos os parques das provincias de Lugo e Ourense e aos emprazados en Ferrolterra) e o valor total do chan incluído no concurso, a prezo bonificado, rolda os 10 millóns de euros. O prazo das empresas para presentar ofertas polas distintas parcelas estará aberto ata o 27 de marzo.
A repartición por parcelas deste concurso é o seguinte: Monterroso (23); porto seco de Monforte primeira fase (12); Barco de Valdeorras 2-3ª fase (9); Xermade 2ª fase (8); Lourenzá 2ª fase (6); Taboada 1ª (5); fase Quiroga (3); As Somozas (3); Curtis (3); Pazos fase 2.1 (3); Bóveda 2ª fase (2); Melide 1ª fase (2); Pontedeume (1); Culleredo-Alvedro (1); Carballiño 2ª fase (1); Celanova 1ª fase (1) e Ribadavia (1).
O Diario Oficial de Galicia publica este luns o anuncio deste concurso que se suma ao publicado por Xestur Galicia o pasado 13 de febreiro, con 251 parcelas en 20 parques e preto de 518.000 metros cadrados. O Executivo galego pon así de forma global a disposición das empresas preto de 745.000 metros cadrados de chan empresarial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.