Morre un home de 80 anos nunha colisión frontal entre dous vehículos en Carballeda de Avia

Segundo a información facilitada pola Garda Civil de Ourense, a vítima mortal non levaba abrochado o cinto de seguridade.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 29/02/2024 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Un home de 80 anos morreu na mañá deste xoves nunha colisión frontal entre dous vehículos rexistrada no municipio ourensán de Carballeda de Avia. O falecido manexaba un turismo de marca Renault que impactou ás 10,30 horas no quilómetro 3 da estrada OU-0306 contra un Citröen no que viaxaban dúas persoas que resultaron ilesas.

Control da Garda Civil de Tráfico / legaccidentes.com / Europa Press
Control da Garda Civil de Tráfico / legaccidentes.com / Europa Press

Segundo a información facilitada pola Garda Civil de Ourense, a vítima mortal, que se atopaba soa no vehículo, non levaba abrochado o cinto de seguridade. O falecido é un veciño de Carballeda de Avia de 80 anos de idade. Á zona desprazáronse membros da unidade de investigación da Garda Civil de Ourense para redactar as dilixencias do sinistro.

A voz de aviso deuna ao 112 o ocupante do outro coche implicado, que pedía axuda sanitaria urxente. Desprazados ao momento, os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 só puideron certificar a morte do condutor. O accidente afectou á circulación na zona mentres duraron os traballos dos servizos de emerxencia e dos efectivos de mantemento da vía, que concluíron as súas tarefas ao fío do mediodía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta