Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2024 | Actualizada ás 18:19
Unha borrasca situada sobre Inglaterra activará este sábado en Galicia alertas por temporal costeiro, choiva intensa e neve en zonas altas. Segundo Meteogalicia, todo o litoral estará en alerta laranxa, desde a madrugada ata as 15,00 horas do sábado, ao esperarse mar combinado do noroeste con ondas por encima dos cinco metros.
Durante ese período tamén estará activa a alerta amarela no mar por vento do oeste de forza sete. Con todo, desde as 15,00 horas do sábado ata a madrugada, haberá aviso amarelo por ondas de entre catro e cinco metros.
En canto ao vento, o noroeste da Coruña e A Mariña están en alerta amarela ata as 6,00 horas do sábado por refachos puntuais superiores ao 80 km/h.
As intensas choivas tamén deixarán alertas en Galicia con acumulacións superiores aos 40 milímetros en Betanzos, Ferrolterra, Ortegal, na comarca do Eume e na de Tabeirós-Terra de Montes. Así mesmo, a montaña de Lugo e Ourense estarán en alerta amarela por acumulacións de máis de 15 e cinco centímetros, respectivamente, en 24 horas.
Durante a madrugada e primeiras horas do sábado cruzará Galicia unha fronte activa e deixará ceos anubrados e choivas ocasionalmente fortes e acompañada de treboadas e sarabia.
A cota de neve durante a mañá situarase nos 800 metros e baixará ao longo do día ata os 600-700 metros e as temperaturas descenderán.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.