Convocados os premios Ángela Ruíz Robles á excelencia académica en graos universitarios

Cada unha das persoas beneficiarias recibirá 1.100 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2024 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

A Xunta convocou a sexta edición dos premios Ángela Ruíz Robles dirixidos ao alumnado de grao que obtivese as mellores cualificacións no curso académico 2022/2023 nas universidades galegas. 

Estudantes
Estudantes | Fonte: Álvaro Ballesteros - Arquivo

Segundo informou o Executivo galego, concederán un premio por cada un dos cursos nos que se estruturan os plans de estudo das titulacións oficiais de grao e en cada un dos centros nos que se impartan, salvo no último curso, no que outorgan os premios fin de carreira. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades destina un orzamento de 613.800 euros a esta convocatoria outorgando 1.100 euros a cada unha das persoas beneficiadas.

Para poder ser premiado, o alumnado deberá ter no curso académico 2022/23 unha nota media igual ou superior a oito puntos e ter superado a totalidade dos créditos matriculados, que como mínimo serán 60. Tamén terán que estar matriculado da mesma titulación neste curso 2023/24.

Os premios outorgaranos de oficio por proposta das universidades do Sistema universitario de Galicia, que publicarán nas súas páxinas web a relación do alumnado seleccionado de acordo cos requisitos establecidos na convocatoria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta