Unha vintena de mozos xaponeses visitan Galicia co programa 'A Xuventude no Mundo'

Desde o ano 2010, beneficiáronse desta iniciativa máis de 300 mozos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2024 | Actualizada ás 15:59

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, recibiu este martes a unha vintena de mozos xaponeses que participaron no programa autonómico 'A Xuventude no Mundo', que se recuperou o ano pasado tras o parón da pandemia.

Foi no espazo Galiverso da Cidade da Cultura de Santiago onde García se atopou cos participantes desta iniciativa que permite o intercambio cultural entre mozos de Galicia e de Xapón, prestando especial atención ás rutas de peregrinación destes dous territorios.

Tal como explicou a Xunta nun comunicado, a ruta Xacobea e a ruta Kumano Kodo son as únicas do mundo recoñecidas pola Unesco como Patrimonio da Humanidade. Mediante este proxecto foméntase o coñecemento das similitudes e contrastes entre ambas as culturas.

En concreto, os mozos xaponeses descubrirán durante esta semana a Comunidade, visitando distintos sitios da Costa da Morte, Santiago ou etapas do Camiño a Compostela. Da mesma forma, o pasado setembro, un grupo de galegos viaxou ata Wakayama para coñecer a ruta deste país e a súa forma de vida. Desde o ano 2010, beneficiáronse deste programa máis de 300 mozos.

Unha vintena de mozos xaponeses visitan Galicia. XUNTA
Unha vintena de mozos xaponeses visitan Galicia. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta