TSXG homenaxea a 10 "pioneiras" no ámbito da xustiza con motivo do 8M e lamenta a "secuela" da violencia machista

As homenaxeadas insistiron na importancia de seguir loitando pola igualdade e por tratar de mellorar no ámbito da conciliación, para que as mulleres non teñan que renunciar á súa vida profesional para ter unha familia.

Por E.P. | VIGO | 07/03/2024 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez e Díaz-Castroverde, lamentou a "tremenda secuela" da violencia sobre a muller e reivindicou a necesidade de que a sociedade responda a esta situación e "estea atenta" para combatela.

Así o sinalou durante un acto homenaxe a 10 mulleres "pioneiras" no ámbito da Xustiza organizado polo Decanato e os colexios de avogados e procuradores de Vigo, ao cal tamén asistiron, entre outros, o xuíz decano de Vigo, Germán Serrano; a decana do Colexio de Avogados, Lourdes Carballo, e a vicedecana do Colexio de Procuradores, Gisela Álvarez.

Gómez e Díaz-Castroverde puxo en valor o traballo das 10 homenaxeadas nos seus respectivos postos, en épocas nas que as mulleres aínda non gozaban dos dereitos e das libertadas actuais.

El destacou datos como que este ano, todas as prazas vacantes de xuíz en Galicia foron ocupadas por mulleres, indicando que hoxe en día "é fácil chegar a un posto así", pero houbo anos nos que as mulleres non podían acceder a estes.

Ademais, dixo que "algún día", será unha muller a que ocupe a súa cadeira na presidencia do TSXG, mostrando o seu desexo de que iso ocorra.

HOMENAXEADAS

En concreto, as homenaxeadas este xoves foron a avogada Romana San Luís; a funcionaria xudicial Amparo Fernández Feijóo; a procuradora María Teresa Muíños; a maxistrada da sección primeira da Audiencia de Ourense, Ángela Domínguez Viguera; a letrada da Administración de Xustiza na sección primeira da Audiencia de Pontevedra, María Jesús Prieto; a fiscal Ana Rivas; a maxistrada da sección sexta da Audiencia de Pontevedra, Magdalena Fernández Soto; a ata agora fiscal xefa de área de Vigo, Susana García-Baquero; a presidenta da sección cuarta da Audiencia de Pontevedra, Nélida Cid, e a presidenta da sección sexta da Audiencia de Pontevedra, Begoña Rodríguez.

Durante o acto, todas elas colleron a palabra, agradecendo a homenaxe e destacando as dificultades que tiveron nos seus inicios para acceder e progresar na carreira xudicial.

Elas describiron como foron os seus primeiros anos no mundo laboral, onde estaban "rodeadas de homes". Así, algunhas explicaron as sensacións que viviron nos seus inicios, cando lles dicían "onde está o xuíz", porque os cidadáns non entendían que unha muller puidese ser a xuíza.

As homenaxeadas insistiron na importancia de seguir loitando pola igualdade e por tratar de mellorar no ámbito da conciliación, para que as mulleres non teñan que renunciar á súa vida profesional para ter unha familia.

Pola súa banda, o xuíz decano de Vigo, Germán Serrano, destacou a necesidade de que máis mulleres na xustiza "para lograr a xustiza" e conseguir a igualdade "día a día".

Homenaxe a 10 mulleres 'pioneiras' no ámbito da Xustiza.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Homenaxe a 10 mulleres 'pioneiras' no ámbito da Xustiza.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta