Morre un empresario de Betanzos nun accidente aéreo en Estados Unidos

Trátase de Alfredo J. Díez, un piloto que promoveu en Estados Unidos unha academia de formación de pilotos, Atlantis Aviation, que puxo en marcha no 2016.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/03/2024 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

Un empresario, natural de Betanzos, faleceu nun accidente aéreo en Estados Unidos, segundo informaron este luns fontes do municipio consultadas por Europa Press. Trátase de Alfredo J. Díez, un piloto que promoveu en Estados Unidos unha academia de formación de pilotos, Atlantis Aviation, que puxo en marcha no 2016.

Un avión aparcado na pista no aeroporto do Prat
Un avión aparcado na pista no aeroporto do Prat | Fonte: David Zorrakino - Arquivo

Fíxoo dende Miami, aínda que o accidente tivo lugar en Virxinia cando viaxaba coa súa muller e o seu fillo, tamén falecidos no mesmo sinistro. En redes sociais, a alcaldesa de Betanzos, María Barral, trasladou a súa consternación polo falecemento dun "betanceiro, a súa muller e o seu fillo nun accidente aéreo en Virxinia, no que faleceron outras dúas persoas". "As miñas condolencias para a súa familia e as persoas próximas en nome de todo Betanzos", engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta