Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2024 | Actualizada ás 11:55
Unións Agrarias prevé que as condicións climáticas de choiva provocarán unha ínfima colleita do cereal nas parcelas da Limia (Ourense), ás cales non poden acceder por estar encharcadas, polo que insta á Xunta a tomar medidas que compensen a baixa produción prevista para este ano.
Os agricultores solicitaron unha reunión coa Consellería do Medio Rural, para que "palien a nefasta campaña" pola "excepcionalidade climática" deste ano e pola importancia deste tipo de cultivo na comarca.
Ademais da pataca, Unións Agrarias considera o cereal un "alicerce fundamental" para a actividade agraria da Limia. Así, a asociación explicou nun comunicado que conta con 10.300 hectáreas dedicadas a cereais de gran, cultivos forraxeiros e leguminosos, así como que a produción dun ano normal oscila entre os 3.500 e os 4.000 quilos por hectárea.
En concreto, solicita a aprobación dunha liña de axudas directa "que permita compensar o esborralle da produción provocado pola choiva nesta campaña". Doutra banda, urxe a actualización das pólizas de seguro de acordo ás condicións limianas, dado que "están deseñadas de acordo aos rendementos medios das zonas de secano como Castela". "
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.