Aínda que todos temos unha concepción material e funcional dos hórreos, dende o GC queriamos coñecer tamén a súa parte máis espiritual e inmaterial, e facémolo da man da antropóloga Ana Isabel Filgueiras.
  comenta   0
Xa rematada a recollida, realizada entre a primeira e a última semana de agosto, lamenta que "tivemos un inverno moi chuvioso e con moitísima humidade, o que provocou que en moitas zonas de Galicia non se puidese sequera entrar a cultivar as leiras", convertidas en auténticas lameiras polas incesantes choivas.
  comenta   0
Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), o valor engadido bruto da rama agraria e pesqueira situouse nos 3.406 millóns de euros o pasado ano 2023, é dicir, o 4,5 % do PIB de Galicia nese ano (un crecemento do 7,6 % con respecto ao ano anterior). As pragas murchan a vide, as choivas asolagan os trigais e o quencemento das augas fai fuxir aos peixes.
  comenta   0
A comarca da Limia, en Ourense, é a zona máis castigada con perdas nos cultivos de cereal e pataca que se presumen "catastróficas".
  comenta   0
As provincias de Ourense e Lugo son as máis prexudicadas, e as indemnizacións rozan os 12 millóns no que vai de ano no agro.
  comenta   0
A guerra en Ucraína disparou os prezos das materias primas para fabricar compostos (pensos) destinados á alimentación sobre todo de cebadeiros intensivos. Á parte, durante os primeiros meses da guerra, o trigo e millo ucraínos estiveron en almacéns até que se puideron exportar, xa cuns prezos elevados. Nese momento a UE tivo que flexibilizar algunhas normas de cara a permitir a entrada de materias primas procedentes doutros lugares, principalmente América. Doutra banda, sobre as materias primas agrarias tamén pendura o risco da especulación no mercado a futuros e as novas medidas que a UE quere introducir na importación desde determinados lugares do mundo.
  comenta   0