Ratificada a condena a 8 anos e 6 meses de prisión ao matrimonio de Carballo por vender droga entre 2018 e 2020

O TSXG condena á parella por un delito contra a saúde pública e outro de tenencia de armas prohibidas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2024 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a condena a oito anos e seis meses de prisión imposta a unha parella de Carballo por un delito contra a saúde pública e outro de tenencia de armas prohibidas. Contra esta resolución cabe apelar ao Supremo.

Deste xeito, quedou ratificada a decisión da sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, que condenou en xullo de 2023 a estas dúas persoas a sete anos e medio de cárcere por distribuír heroína desde o seu domicilio entre novembro de 2018 e xaneiro 2020 e outro ano máis por tenencia de armas prohibidas. No fallo, considérase probado que os condenados adquiriron unha partida de heroína vendida por tres persoas que xa foron enxuiciadas por tráfico de estupefacientes.

A droga atopábase na casa de Carballo onde vivían os procesados, onde foron localizados obxectos "relacionados coa actividade ilícita que desenvolvían", entre eles, sustancias estupefacientes no interior dunha bolsa de plástico que se achaba oculta baixo a terra.

Ademais, tamén condena ao pago dunha multa de 3 millóns de euros e teñen prohibida a posesión de armas durante catro anos. A Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou as alegacións formuladas polas partes, que solicitaron a anulación das intervencións telefónicas e os rexistros.

Os xuíces, ademais, recalcaron no fallo que, tras revisar as pezas separadas correspondentes aos dispositivos de captación e gravación de comunicacións orais e aos dispositivos de xeolocalización, conclúen que non se vulneraron os dereitos dos condenados.

Detidos por transportar heroína
Detidos por transportar heroína | Fonte: Policía Nacional

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta