Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2024 | Actualizada ás 11:50
O Parlamento de Galicia arrincou a XII lexislatura coa elección da Mesa da Cámara e a toma de posesión dos 75 deputados dos catro partidos que obtiveron representación tras as eleccións autonómicas do 18 de febreiro: PPdeG (40), BNG (25), PSdeG (9) e Democracia Ourensá (1).
Unha lexislatura na que repite como presidente, por terceira vez, o ourensán José Miguel Santalices, ao que acompañarán a deputada do PP pola provincia de Lugo Elena Candia, que estivo tamén a anterior e Ethel Vázquez, a ata agora conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, que será a secretaria.
Non houbo cambios na proposta avanzada este domingo polo PPdeG. Tampouco houbo sobresaltos no acordo asinado a primeira hora da mañán deste luns entre o BNG e o PSdeG. Así, os nacionalistas decidiron decerlle un posto na Mesa ao socialistas. Trátase dunha secretaría, que será ocupada pola coruñesa Patricia Iglesias. Pola súa banda, Montse Prado repetirá como vicepresidenta segunda a proposta do BNG.
O único deputado co que non houbo ningún acordo foi co de Democracia Ourensana, Armando Ojea, que en todas as votacións votouse a si mesmo. A inauguración da sesión plenaria comezou coa constitución da Mesa de Idade, que estevio presidida polo deputado lucense electo polo Partido Popular José Manuel Mato Díaz. Este político lucense, que foi alcalde de Paradela desde 1979 ata a súa dimisión a principios deste ano para concorrer nas listas do PP ás eleccións autonómicas, cumprirá o próximo mes de maio 70 anos de idade.
Ademais, actuaron como secretarios deste órgano, ao ser os membros da Cámara máis novos, o parlamentario electo do BNG pola provincia de Lugo Iago Suárez, nacido en Chantada en agosto de 1997; e o deputado popular electo pola provincia de Pontevedra Raúl Santamaría. Este último, coñecido polo seu papel como un dos 'Mozos de Arousa' nun programa de televisión, cumprirá o próximo 7 de abril 26 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.