Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2024 | Actualizada ás 14:27
Seis activistas de Ecoloxistas en Acción foron condenados ao pago de multa por un delito leve de coaccións tras a denuncia formulada por unha protesta que protagonizaron, en setembro do ano pasado, na Cámara Oficial Mineira.
Foi para denunciar contaminación procedente da mina de San Fins, en Touro, e nunha acción con acceso ás instalacións da Cámara Oficial e que consistiu, segundo o seu testemuño, na súa declaración, en "unha entrega simbólica de botellas de auga contaminada".
Agora, tras a denuncia dunha empregada da Cámara, o Xulgado de Instrución número 2 da Coruña condenou aos seis activistas como autores dun delito leve de coaccións á pena, para cada un deles, de 40 días de multa, cunha cota diaria de seis euros, nun fallo ao que tivo acceso Europa Press e contra o que cabe recurso.
A sentenza sostén que accederon ao interior e que fixeron uso dun móbil para gravar, trasladando a súa denuncia sobre a situación da mina de San Finx, sen "deter a gravación" a pesar dos requirimentos feitos pola traballadora, engade. "Sendo conscientes os denunciados de que a intervención que pretendían non lle sería permitida, trataron e conseguiron impola á denunciante, actuando de forma conxunta e intimidatoria, freando a súa capacidade de oporse, vulnerando o seu espazo de traballo e impedindo o desempeño do seu labor profesional", recolle o mesmo.
A organización negou no seu momento que se produciu un "asalto" e denunciou un intento de utilizar a denuncia como unha forma de "intimidar" aos grupos ecoloxistas e movementos sociais. Ademais, reprocharon á Cámara Mineira unha actitude "negacionista" en relación á "contaminación por metais pesados" por parte da mina.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.