Internet introduce cambios no negocio da Lotería de Nadal

Os galegos, e sobre todo os ourensáns, están entre os que máis compran Lotería de Nadal a través de Internet. Desde Ventura24, unha das principais casas de Lotería por Internet, explícannos como o sector está a se transformar debido as vantaxes das novas tecnoloxías.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 26/10/2015 | Actualizada ás 06:00

Comparte esta noticia

Desde hai uns días xa están dispoñibles os Décimos de Navidad de 2015, un multimillonario negocio no que os galegos invisten máis de 150 millóns cada ano.  Unha porcentaxe cada vez máis importante deste xogo, xa que máis da metade do que ingresa o Estado pola Lotería, realízase a través da Internet. 

Comprando Lotería de Nadal en Madrid
Comprando Lotería de Nadal en Madrid | Fonte: Barcex wikimedia

De feito, Ourense, con 69 euros por persoa, é a provincia do Estado que máis se gastou o ano pasado en Lotería de Nadal por Internet, por diante de Soria e Áraba (67 euros por persoa).

Son datos de Ventura24, líder en Lotería por Internet en España, con máis de 600.000 usuarios e 14 anos de experiencia no sector. O seu responsable de mercadotecnia, Enrique Segura, explica que o crecemento do sector da Lotería por Internet débese a vantaxes como a seguridade (non son posibles os extravíos dos boletos premiados), os avisos automáticos de premios gañados, a posibilidade de xogar a calquera hora e calquera día, a opción de xogar en grupo a través das súas penas e o seu eficiente equipo de atención ao cliente, entre outras.

A pesar da existencia de novas ferramentas tecnolóxicas para formular combinacións de maneira aleatoria, moitos cos que seguen confiando a elección do número do seu boleto a crenzas e supersticiones. Así, existen unha serie de números que son os preferidos para xogar, a pesar de que en teoría todos teñen as mesmas posibilidades de ser premiados.

Desde Ventura24 explícannos que os números polos que moitos tenden a decantarse á hora de elixir o seu décimo son os que terminan ou conteñen o 15; coñecido como a nena bonita, o 22; os dous patitos, o 7; coñecido como o número da sorte, o 11; os dous soldaditos, o 13; curiosamente o número da mala sorte ou o 33; a idade de Cristo. 

A popularidade dos diferentes produtos de Lotería é outro dos campos nos que se pode ver como as novas tecnoloxías están a cambiar o sector. Omnipresentes hai unha década, hoxe A Quiniela está a retroceder, debido ao progreso das apostas deportivas por internet. Os xogos de Lotería máis populares hoxe en día son Euromillones A Primitiva e o Sorteo de Nadal. 

Co Sorteo de Nadal pasa algo curioso. É tal a súa tradición popular que o seu funcionamento escapa ás regras xerais deste tipo de xogos. Desde Ventura24, Enrique Segura explica que na Lotería de Nadal inflúen moito a tradición e o valor sentimental deste sorteo porque en xeral, a Lotería de Nadal vívese e xoga en grupo, non como individuos independentes, fronte ao anonimato doutros xogos de azar. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Nerea Ayala

En primer lugar me gustaría pedir disculpas por no redactar este comentario en Gallego, pero es que lo tengo un poco oxidado jeje. Quiero decir que la lotería, para algunas personas en este mundo es como algo que te da la ilusión de vivir, mirando cada día los resultados a ver si ha tocado algo, aunque solo tengamos una oportunidad de 100.000. En Venezuela (Que es de donde soy yo) tenemos el sorteo de la ruleta activa que es como la ruleta de números y colores, pero con animalitos y la verdad que en mi familia siempre la echamos con la ilusión de que nos toque y más con la situación actual que estamos viviendo en Venezuela. Saludos :)

1 Andrea

Eu vou mirar se teñen o 69.6969 e non son satánica. Voullo regalar ao meu namorado, a ver se se dá por aludido.