Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2024 | Actualizada ás 17:25
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) executará "nos próximos meses" o concurso de méritos de persoal facultativo especialista, de médico de urxencias e de médico do 061 co baremo actual, a pesar dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que o cuestionada.
Así o sinalou a Consellería de Sanidade nun comunicado tras un encontro extraordinario entre a Administración e os representantes da mesa sectorial (CIG, CCOO, CSIF e UgT) para informar de novidades importantes nos procesos de selección e provisión vinculados a persoal facultativo.
En concreto, a Xunta xa informara en 2023 de que tiña demorada a resolución do concurso de méritos de estabilización das diversas especialidades, con máis de 300 prazas pendentes de resolver, por unha sentenza do TSXG que cuestionaba o baremo. En concreto, o Alto Tribunal galego fallou que se debería valorar por igual a experiencia no Sergas e noutros sistemas de saúde, a pesar de que en Galicia puntúa dobre o tempo traballado no servizo sanitario público da Comunidade.
Tras consultalo coa asesoría xurídica, Sanidade informou aos sindicatos de que procederá a executar a convocatoria seguindo o baremo publicado, ante a admisión a trámite do recurso de casación presentado ante o Tribunal Supremo.
"A admisión do recurso por parte do Supremo implica unha maior seguridade xurídica á hora de retomar a execución do proceso selectivo", reivindicou o Goberno galego, que a defendido que no resto das comunidades españolas, excepto no País Vasco, valórase en maior medida os servizos prestados no propio servizo de saúde e que, no caso de Galicia, de non facelo así, "prexudicaríase aos profesionais da sanidade galega".
"A admisión a trámite do recurso de casación permite dubidar da sentenza ditada polo TSXG e, en consecuencia, procederase a executar a convocatoria nos próximos meses", engadiu o Sergas, que cualifica de "máxima prioridade" a estabilidade do persoal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.