Soben as pernoctacións hoteleiras e os viaxeiros en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2024 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 364.349 pernoctacións hoteleiras en febreiro, o que supón un 3,6% máis que no mesmo mes de 2023, segundo datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Este incremento é case tres veces inferior ao rexistrado de media en toda España, xa que a nivel estatal as pernoctacións aumentaron un 10,3%, ata máis de 18,5 millóns de noites no segundo mes do ano.

Todas as provincias galegas incrementaron os seus datos de pernoctacións hoteleiras excepto Ourense, onde caeu un 5,3%, sendo a zona da Comunidade con menor cifra, ata 37.887 noites. Na Coruña, no mes de febreiro rexistráronse 181.701 pernoctacións (+5,6%); en Lugo, 44.694 (+9,3%), e en Pontevedra, 100.066 (+3,3%).

En cando ao número de viaxeiros, Galicia contabilizou 202.368 turistas que optaron por pasar a súa estancia nun hotel, un 2,9% máis, a pesar da subida do 9,3% a nivel nacional, ata máis de 6,52 millóns de persoas.

Un grupo de turistas consulta unha carta na terraza dun bar en Santiago de Compostela
Un grupo de turistas consulta unha carta na terraza dun bar en Santiago de Compostela | Fonte: César Argina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta