A cineasta Jaione Camborda será a cuarta invitada do programa de entrevistas de Ana Pontón, '#CódigoAna'

A cineasta vén de converterse na gran triunfadora dos Mestre Mateo e na primeira muller en gañar a Cuncha de Ouro do festival de San Sebastián, cunha película en galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2024 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

A cineasta directora de 'O corno', Jaione Camborda, será a próxima invitada de '#CódigoAna', o programa no que Ana Pontón conversa con diferentes referentes da sociedade galega. Unha entrega que poderá verse ao completo este mércores ás 20,00 horas na canle de Youtube '#CódigoAna'.

Segundo trasladou o BNG a través dun comunicado, no episodio deste mércores, Pontón abordará xunto á gran triunfadora dos Mestre Mateo cuestións como a importancia da memoria, o papel da muller na sociedade e os coidados, a identidade e o estado do audiovisual galego.

Ademais, no adianto lanzado este luns, Camborda, primeira muller en gañar a Cuncha de Ouro do festival de San Sebastián, e primeira en facelo cunha película en galego, que acaba de gañar esta fin de semana sete premios da Academia Galega do Audiovisual, conta como a maneira de mostrar os partos no cinema ten historicamente unha mirada masculina, que ela quixo cambiar en 'O corno'.

Deste xeito, en '#CódigoAna', a portavoz nacional do BNG pretende "ir máis aló do marco estritamente político" e mostrar a súa faceta máis humana a través de charlas con referentes do mundo da cultura, a ciencia, a economía, o audiovisual, o feminismo e ouros ámbitos que preocupen á sociedade galega.

Tanto os avances das conversacións como os programas completos poden verse a través das redes sociais de '#CódigoAna', tanto en Facebook como en Instagram, X e Youtube, e serán emitidos "coa regularidade que lle permita á líder do BNG a súa axenda política".

A líder do BNG, Ana Pontón e a cineasta Jaione Camborda no programa '#CódigoAna'.. BNG
A líder do BNG, Ana Pontón e a cineasta Jaione Camborda no programa '#CódigoAna'.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta