Besteiro avanza o 'non' do PSdeG á investidura de Rueda e di que fará unha oposición "firme e construtiva"

Di que a súa oposición será "seria" a diferencia do PP de Feijóo en Madrid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2024 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario e secretario xeral electo do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou o voto en contra da súa formación á investidura do aspirante popular á Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, ao asegurar que "non é o candidato" que os socialistas queren para Galicia.

Besteiro pronunciouse deste xeito tras participar na rolda de consultas co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, ao que lle trasladou o sentido do voto do seu grupo. "O que lle trasladei é que non imos apoiar ao candidato do PP. Entendemos que lle apoia unha maioría absoluta pero, loxicamente, a nosa oferta e a nosa proposta para Galicia para o próximos catro anos non pasa por propor como presidente da Xunta a Alfonso Rueda", dixo.

Besteiro lembrou que o PSdeG defende outra forma para dirixir Galicia, con medidas como as trasladadas polos socialistas durante a campaña electoral en materia de servizos públicos ou economía. "Escoitaremos a proposta de debate do candidato, pero evidentemente a día de hoxe estamos en posicións radicalmente distintas", incidiu.

OPOSICIÓN "CONSTRUTIVA" E "FIRME"

Besteiro, que destacou a cordialidade do encontro mantido con Santalices, explicou que aproveitou a cita para trasladar ao titular do Lexislativo galego que a súa formación fará unha oposición "construtiva, serie, rigorosa e firme".

Así, aproveitou para desmarcarse da actitude do PP en Madrid. "Porque nin a sentimos nin sentimos cómodos facendo ese tipo de oposición nin creo que sexa construtivo para o debate parlamentario", afirmou.

O secretario xeral electo e portavoz parlamentario do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reúnese co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices
O secretario xeral electo e portavoz parlamentario do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reúnese co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta