Unha mostra percorre en Santiago a obra de mulleres artistas no cómic galego contemporáneo

Poderase visitar ata o 16 de Muño no Auditorio de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2024 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

A mostra '#Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega' inaugúrase este martes no Auditorio de Galicia, en Santiago, e poderá visitarse ata o 16 de xuño. Maru Astray, Julia Lago, Bea Lema, Uxía Larrosa, Xulia Pisón e Pepa Prieto Puy son algunhas das protagonistas desta exposición que percorre a obra das artistas de novela gráfica en Galicia.

Comisariada por Íñigo Rodríguez Román, a exposición forma parte do programa 'Abrandares en cadriños', unha iniciativa dirixida por Neves Rodríguez para pór en valor o traballo de mulleres no cómic de Galicia.

A concelleira de Capital Cultura, Míriam Louzao, subliña que a exposición convida a "recoñecer e repensar as propostas formais e discursivas que chegan desde esta área que a miúdo se sitúa nas marxes". Sinala que serve como "xanela cara a propostas menos estandarizadas, na periferia dos circuítos expositivos máis convencionais" co fin de abrir "a mirada e o pensamento".

OBRAS DE ARTES EN COMERCIOS

Por outra banda, os comercios de Santiago converteranse en pequenos museos para albergar obras de arte en miniatura realizadas polos veciños.

Os concelleiros Xan Duro e María Rozas foron os encargados de presentar este mércores o programa de 'O museo máis pequeno da cidade'. A proposta nace dunha idea orixinal da artista catalá Noemí Batllorí.

Os interesados en achegar a súa proposta artística poderán inscribirse a partir deste xoves, 4 de abril, e ata o día 10. Estarán expostos do 15 de maio ao 12 de xullo.

Presentación de ?#Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega?. CONCELLO DE SANTIAGO
Presentación de ?#Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega?. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta