A desnaturalizada socieconomía actual: Reflexións e cara á estratexia 2010

Resulta habitual facer unha referencia case directa á enerxía cando se está a falar da Estratexia 2020. Non é un erro absoluto, mais só unha variable do conxunto. Así, a Estratexia 2020 apoiase en cinco eixos de actuación:

Por Rosa Regueiro | Compostela | 07/10/2015 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

1.- emprego: acadar o 75% no rango de idade 20-64 anos

2.- inversión en I+D+I: sobre o 3% do PIB (con variacións por países)

3.- sostibilidade enerxética e cambio climático (de maneira que as emisións de CO2 non superen o 20%; as renovables acaden unha cota de participación no mix enerxético do 20% e que aumente a eficiencia enerxética nun 20%).

4.- educación: o abandono escolar prematuro non acade o 10% e que o 40% das personas con idade comprendida entre os 30-40 anos teñan estudos primarios.

5.- pobreza e exclusión social: disminuir en 20 millóns o número de persoas situación de pobreza ou exclusión social.

A consecución desta ambiciosa meta parte de recoñecer e asumir que se trata de obxetivos comúns a lograr combinando medidas dos países membros e da propia Unión Europea, nunha sociedade que debe recoñecer a necesidade ineludible da aprendizaxe constante ao longo da vida. Pódese establecer un simple corolario: as melloras educativas conlevan melloras na empregabilidade e unha disminuación da pobreza. En termos económicos, tamén se pode falar de I+S+I en tanto que se detecte un uso mais eficaz dos reursos, polo que se pode lograr un aumento da competitividade e se xenere emprego, e sen esquecer que si se invirte en tecnoloxías máis limpas, estase a loitar contra o cambio climático e xeranse novas oportunidades se negocio e emprego….e todavía mais naqueles países e rexións nas que o recurso é abundante.

Entón se a teoría semella clara por qué falla a práctica? Resulta recurrente o argumento da non adecuación das pertinentes políticas a aplicar á problemática a abordar, ou a insuficiencia de recursos económicos, sobre todo tras o impacto da crise económico sistémica. 

Con todo, sin restar responsabilidade a estas xustificacións, non terá algo ver que a socioeconomia parece estar mirando de espaldas á realidade do principal axente implicado e perxudicado, que é a persoa? José Luis Sampedro, Paul Krugman e Joseph Stilgliz alertaron do impacto negativo deste “virus”. 

O triunfo da Estratexia 2020 parte de ter un carácter inclusivo, e pola contra, o modelo socioeconómico que o sustenta parece actuar dunha maneira totalmente “exclusiva”. Sen os axentes económicos non hai sociedade, non hai economía, non hai crecemento. Os efectos mostrounos a recente crisis, pero unha clar mostra da lección non aprendida….parece que está na realidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta